Novas
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO ( PERSOAL LABORAL TEMPORAL)
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO ( PERSOAL LABORAL TEMPORAL)
Publicado el 25/11/2016
Novas
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O noso concello únese á conmemoración do día 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia de xénero, co fin de manifestar o máis enerxético rexeitamento ante este tipo de violencia. A violencia de xénero é unha das vulneracións máis graves dos dereitos e liberdades.
Nunha sociedade legalmente igualitaria, cun marco xurídico que nos sitúa na vangarda dos países da contorna, as cifras de mortes e agresións contra as mulleres e as nenas seguen sendo abafadoras e, ano tras ano, indícannos que hoxe máis que nunca é necesario incrementar os esforzos e erradicar aquelas actitudes e comportamentos cotiáns que reproducen a desigualdade e que están na orixe da violencia de xénero, contribuíndo a perpetuala.
A superación deste tipo de violencia é moi complexa pero iníciase atallando a desigualdade histórica entre mulleres e homes, abordándoa desde un compromiso real, coa implementación de medidas integrais eficaces que se traducen en políticas preventivas e de intervención dende as idades máis temperás.
Con todo, a pesar do avance, debemos seguir traballando contra todo tipo de discriminación por razón de xénero e, en especial, contra a súa manifestación máis grave: a violencia machista en todas as súas formas. É por iso que o concello de Vilasantar mantén o seu compromiso de continuar:
* Na implementación de políticas integrais contra a violencia de xénero, a través da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero e do Protocolo de Actuación contra a Violencia de Xénero.
* Na Rede de Entidades locais contra a Violencia de Xénero, froito do convenio de colaboración subscrito entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
* Co seu labor de sensibilización e prevención mediante campañas dirixidas á poboación infantil e adolescente gracias á colaboración das comunidades e axentes educativos do noso municipio.
* Promovendo en todos os ámbitos da vida local modelos non sexistas e de igualdade entre mulleres e homes desde os que erradicar este fenómeno.
Novas
CURTIS, SOBRADO E VILASANTAR REFORZAN A SÚA COLABORACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E LANZAN UN MANIFESTO CONXUNTO
Acordaron crear unha subcomisión en cada concello para activar o Protocolo de Actuación en canto se detecte algún caso de violencia machista.
Curtis, Sobrado e Vilasantar acordaron reforzar a coordinación das políticas contra a violencia de xénero entre os tres concellos a través da creación en cada concello dunha subcomisión de traballo que se porá en marcha en canto se detecte algún caso.
Aínda cada concello terá a súa propia capacidade de actuación, o eixe común será a inclusión en cada subcomisión do personal do CIM (Centro de Información ás Mulleres) que, con sede en Curtis, atende tamén a Sobrado e Vilasantar, así como a activación do Protocolo de Actuación contra a Violencia de Xénero aprobado en Curtis este verán e que recolle ls criterios que servirán de guía aos profesionais á hora de garantir unha atención integral ás víctimas e unha maior eficacia das súas actuacións.
Ademáis, na reunión mantida esta semana elaborouse un manifesto conxunto con motivo da celebración o 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero co fin de visualizar a necesidade de articular mecanismos en favor da igualdade real e no que se reafirma o compromiso dos concellos á hora de implantar políticas integrais contra a violencia machista.
Este novo paso entre os tres concellos dase despois da inclusión de Sobrado e Vilasantar este verán na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional para mellorar os sistema de recollida e intercambio de información. Esta Mesa está integrada por representantes municipais da área da Muller e Servizos Sociais, do CIM de Curtis, dos centros de saúde e dos centros educativos, do cuartel da Gardia Civil, do Xulgado de Paz, do Colexio de Avogados da Coruña, do Xulgado con competencias en violencia contra a muller do partido xudicial de Betanzos e da unidad contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno.
Novas
ASOCIACIÓN GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA, TAMBRE, MANDEO.
ASOCIACIÓN GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA, TAMBRE, MANDEO.
Convoca:
Proceso de selección de persoal para cubrir os postos de :
XERENTE e TÉCNICO
Para a xestión e aplicación do Programa de Desenvolvemento Local Participativo, do GDR 20.
As bases da convocatoria están dispoñibles para os interesados:
No blog: http://ullatambremandeo.blogspot.com.es
Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER): http://agader.xunta.es
O prazo para a presentación de solicitudes e entrega de documentación é de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Novas
BASEIS XERAIS PARA A SELECCIÓN DE 2 PEÓNS DE MANTEMENTO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)
BASEIS XERAIS PARA A SELECCIÓN DE 2 PEÓNS DE MANTEMENTO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)
Selección e contratación polo sistema de oposición de dúas persoas desempregadas para a realización da obra ou servizo denominada «Mantemento de carreteras, zonas verdes, infraestructuras e servizos».
Novas
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O SEU NOMEAMENTO INTERINO DUNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O SEU NOMEAMENTO INTERINO DUNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL
Novas
OBRA: ENSANCHE E MELLORA DO CAMIÑO DE CERNADAS A PEDROUZOS
OBRA: ENSANCHE E MELLORA DO CAMIÑO DE CERNADAS A PEDROUZOS
Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Obra: Ensanche e Mellora do Camiño de Cernadas a Pedrouzos.