Novas
PROGRAMA DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN PARA A CREACIÓN OU AMPLIACIÓN DO CUADRO DE PERSOAL DE PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS E MICROEMPRESAS.
Prazo de solicitude: Dende o 27 de Xaneiro de 2017 ao de Marzo de 2017.
Máis información: Lourdes Garcia (AEDL). Teléfono 981778169
Novas
CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIDIRAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL.
Atención Sociosanitaria a Personas en el Domicilio
Atención Sociosanitaria a Personas dependientes en Instituciones Sociales
Gestión de servicios para el control de organismos nocivos
Servicios para el control de plagas
Socorrismo en instalaciones acuáticas
Socorrismo en espacios acuáticos naturales
Extinción de incendios y salvamento
Operaciones de vigilancia y extinción de incendios forestales y apoyo a contingencias en el medio natural y rural
Tanatopraxia
Máis información: Lourdes García (AEDL). Teléfono 981778169
Novas
COMEZAN AS OBRAS DA REDE DE CAMIÑOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE SAN VICENZO
Comezan as obras da rede de camiños da concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar, nas que a Xunta inviste máis de 1,5 millóns de euros. Acceder ao seguinte enlace para ler a noticia completa.
Novas
FOTOGALERÍA DO CAMPAMENTO DE NADAL DE 2016
Xa están na galería fotográfica as fotos do obradoiro que se levou a cabo durante as vacacións de Nadal, cunha serie de actividades lúdicas e deportivas onde os rapaces e rapazas gozaron do tempo libre do que dispoñen.
O marco do campamento viviuse ao redor dos planetas e o mundo dos trasgos, ampliando e intercambiando coñecementos sobre o universo e o mundo imaxinario. Cada día da semana tivo o nome dun planeta e foi acompañado dunha historia relacionada con el, presentada por un personaxe imaxinario que relatarou as súas aventuras nos diferentes planetas do sistema solar.
Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
*6 de febreiro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
*13 de febreiro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
Anotación: 981 77 82 57. Prazo de anotación: ábrese o 25 de xaneiro.
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das: “Xornadas de Termalismo” Balneario de Guitiriz
*6 de febreiro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
*13 de febreiro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 25 de Xaneiro
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
-As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
-As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
-Os tratamentos ofertados son Circuíto Termal e Club Termal ( a elixir un dos dous).
-As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla. De non levalo poderán alugalo polo prezo de 1 € cada cousa.
-O horario e lugar de saída será notificado por teléfono.
-Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.
O Concello de Vilasantar ven de firmar un acordo co Balneario de Guitiriz, no que se compromete a aplicar a toda a poboación de Vilasantar, un 10% de desconto en tratamentos terapéuticos e un 15% de desconto en entradas individuais para o Club e o circuito temal, en diferentes días e horarios os reservados para todo o grupo, para isto terán que presentar documentación acreditativa.
Para máis información deben dirixirse ao concello ou chamar o teléfono 981 778 257
Novas
DIA DE REIS EN VILASANTAR
O pasado día 5 de xaneiro os Reis Magos pasaron polo Concello de Vilasantar. Comezaron o seu percorrido na Vivenda Comunitaria as 17:00 h, logo saludaron dende o balcón do Concello e a continuación tivo lugar a entrega de regalos a cada neno no local social de Vilasantar.
Poden disfrutar das fotos da xornada na Galería Fotográfica.
Tras a entrega de regalos tivo lugar a actuación do polinstrumentista Pulpiño Viascón cos seus instrumentos máxicos e finalizou a xornada co tradicional chocolate con churros para todos os asistentes.
Novas
INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
Por teléfono: 902 309 000 ou na web www.sycitv.com – cita previa
Concello de Vilasantar