Novas
ENTROIDO EN VILASANTAR
Este pasado sábado día 25 de febreiro, celebrouse no local social de Vilasantar o concurso-desfile de disfraces. Houbo disfraces individuais e disfraces colectivos. Destacar o disfraz colectivo do CEIP de Présaras onde os nenos, pais e profesores presentaron «O Rei León». Un laborioso traballo artesanal co que acadaron o ben merecido primeiro premio; gran traballo de vestiario, maquillaxe, estética, organización, posta en escea, simpatía, animación e participación co público. Pódense ver as fotos na galería fotográfica.
Novas
COMEZO DO ENTROIDO EN VILASANTAR
Comezou o Entroido en Vilasantar coa Comida de Entroido que se fai cada ano coa xente das actividades municipais (piscina, xinmasia, balneario, memoria…) que tivo lugar o xoves 23 de febreiro no Restaurante o Ferreño en Lanzá.
E ademáis hoxe día 24 de febreiro os nenos do CEIP de Présaras fixeron un recorrido visitando varias aldeas do Concello, O Fulión, e remataron diante do Concello, onde o Alcalde lles fixo un agasallo a cada un. Entregouse a cada neno o libro «HISTORIAS PARA CONTAR ARREDOR DA LAREIRA» escrito por Óscar López Paz, veciño de A Laxe-Armental.
Accedan á galería fotográfica para ver as fotos de ambos eventos.
Novas
FULIÓN DE ENTROIDO
Este venres 24 de febreiro o CEIP de Présaras organiza un «Fulión» coa finalidade de que nenos e nenas celebren o entroido facendo un recorrido por todo o Concello. Teñen prevista a saída do cole sobre as 10 da mañá e iran visitando: Cencasas (10:10), A Laxe (10:30), O Porto (10:50), Vilasantar (11:10), Vitris (11:35), Campo da Feira (12:00) e Présaras (12:30).
Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das: “Xornadas de Termalismo” Balneario de Guitiriz
*7 de Marzo (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
*14 de Marzo (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57. Prazo de anotación: ábrese o 1 de marzo.
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
-As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
-As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
-As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla. De non levalo poderán alugalo polo prezo de 1 € cada cousa.
-O horario e lugar de saída será notificado por teléfono.
-Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.
O Concello de Vilasantar ven de firmar un acordo co Balneario de Guitiriz, no que se compromete a aplicar a toda a poboación de Vilasantar, un 10% de desconto en tratamentos terapéuticos e un 15% de desconto en entradas individuais para o Club e o circuito temal, en diferentes días e horarios os reservados para todo o grupo, para isto terán que presentar documentación acreditativa.
Para máis información deben dirixirse ao concello ou chamar o teléfono 981 778 257
Novas
CAMPAMENTO CARNAVAL 2017
Luns 27 de Febreiro e Mercores 1 de Marzo.
Para todos os nenos de 3 a 12 anos.
Local Social Vilasantar.
Horario de 10:30 a 13:30
Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello ou no colexio antes do 22 de febreiro.
Novas
PLAN RENOVE DE FIESTRAS
ACTUACIÓN SUBVENCIONABLES: Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras.
CONTÍA DA AXUDA: Ascenderá a un máximo de 100€/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso ou edificio de vivendas.
Para o caso de comunidades de propietarios, a axuda máxima será de 3.000,00€ por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000€ por edificio.
En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.
PRAZO DE SOLICITUDE: dende o 1 de marzo ata o 29 de setembro de 2017, agás que se produza o esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da dirección xeral de enerxía e minas.
Novas
CURSOS SOCORRISMO ACUÁTICO