Novas
CAMPAMENTO SEMANA SANTA
10,11,12 de abril
Para todos os nenos de 3 a 12 anos
no local social de vilasantar
En horario de 10:30 a 13:30
Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello ou no colexio antes do 9 de abril.
Novas
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín 28/71GAL emitido o día 21 ás 10:37 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso NIVEL LARANXA por NEVARADAS, para os días 22 e 23, que afectará ao sur de Ourense a partir das 8:00 horas, a Coruña interior, Lugo centro, noroeste de Ourense e Pontevedra interior a partir das 12:00 horas, e sur de Lugo a partir das 18:00.
Espérase unha acumulación de máis de 5 cm en cotas superiores aos 500 metros, e ata 4 cm en cotas superiores aos 300 metros. Nas zonas de Montaña de Lugo e Montaña Ourense, se espera acadar nivel AMARELO, con acumulacións de máis de 15 cm a partir dos 500-600 metros.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles, que en previsión destes feitos: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas prediccións meteorolóxicas e no seu caso alerten ou movilicen ós medios e recursos dispoñibles. Ante calquera emerxencia chame ó 112.
Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das: “Xornadas de Termalismo” Balneario de Guitiriz
*6 de Abril (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
*20 de Abril (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
Anotación: 981 77 82 57. Prazo de anotación: ábrese o 29 de marzo.
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
-As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
-As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
-As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla. De non levalo poderán alugalo polo prezo de 1 € cada cousa.
-O horario e lugar de saída será notificado por teléfono.
-Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.
O Concello de Vilasantar ven de firmar un acordo co Balneario de Guitiriz, no que se compromete a aplicar a toda a poboación de Vilasantar, un 10% de desconto en tratamentos terapéuticos e un 15% de desconto en entradas individuais para o Club e o circuito temal, en diferentes días e horarios os reservados para todo o grupo, para isto terán que presentar documentación acreditativa.
Para máis información deben dirixirse ao concello ou chamar o teléfono 981 778 257
Novas
RECOLLIDA DE RSU
O día 4 de abril de 2017 está prevista a recollida dos resíduos voluminosos.
Todos aqueles veciños que queiran tirar algun tipo de residuo encadrado no tramo de voluminoso teñen que chamar ao concello de Vilasantar, 981 778 169, e anotarse para que llos vaian recoller.
Recordamos, que está prohibido tirar calquer tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando estean anotados no concello e coa autorización deste.
Novas
INFORMACIÓN RELATIVA AO PADRÓN FISCAL DO IVTM, EXERCICIO 2017
O Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, exercicio 2017, aprobouse por resolución núm. 7122, do 2 de marzo de 2017, da Presidencia desta Corporación, na que se contén a relación de suxeitos pasivos, características e matrícula dos vehículos de que son titulares e cota a satisfacer, en cada caso, de acordo coa Ordenanza fiscal aprobada por este Concello.
O devandito padrón fiscal, quedará exposto ao público na Deputación provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15071 A Coruña), onde poderá ser examinado polos interesados, desde o día 13 de marzo ao 17 de abril de 2017, ambos os dous inclusive.
Maior información no seguinte enlace: https://www.dicoruna.es/servizos-tributarios/tarifas-tipos/ivtm/
Novas
CEIP DE PRÉSARAS
- Servizo de madrugadores: aberto dende as 8:00 (en función da demanda).
- Deporte escolar: volei, badminon, atletismo, campo a través.
- A mellor Biblioteca Escolar da Comarca. Colexio PLAMBE e premio do MEC.
- Xadrez.
- Piscina en horario escolar.
- Baile tradicional e moderno.
PRAZO DE ADMISIÓN: 1 ao 20 de marzo.
En colaboración con: Concello de Vilasantar, ANPA CEIP Présaras e Asociación Amas de Casa de Vilasantar.
Novas
8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Dende o Concello de Vilasantar queremos celebrar este 8 de marzo “Día internacional da Muller Traballadora” co anuncio da elaboración dun novo Plan Municipal de igualdade de mulleres e homes do Concello de Vilasantar. Este será un documento que responda ao serio compromiso deste equipo de goberno municipal na súa aposta firme pola creación dun marco social, onde se promova un novo modelo de convivencia compartida cara unha sociedade máis equitativa para todas e todos.
Este é un plan que implicará a orientación de todas as políticas municipais cara a ruptura da situación social de desigualdade que tradicionalmente padeceron as mulleres ao longo dos anos, e que minguou o desenvolvementos dos seus potenciais.
Así pois, dende este equipo, pretendemos contribuír a que a igualdade sexa algo máis que o seu principio regulador. O noso obxectivo é que a igualdade sexa finalmente unha realidade cotiá e visible, da que nos podemos beneficiar todas e todos os cidadáns deste Concello e a partir da cal podemos afianzar modelos de convivencia máis equitativos.
Novas
REDE CULTURAL 2017
O día 10 de marzo remata o prazo para solicitar actuacións de grupos (charangas, gandas de gaita, de baile, magos, teatro, etc), dentro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A Deputación subvenciona o 75% do caché dos grupos e as Entidades o 25 % restante.
Cada Asociación poderá solicitar unha actuación.
As comisións de festas legalmente constituídas tamén poderá solicitar unha actuación.
As solicitudes faranse electrónicamente. Para iso os representantes terán que ter o DNI electrónico.
Novas
AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS
O día 3 de marzo de 2017 publicouse no BOP a convocatoria de subvencións a entidades sen fins de lucro, tanto para equipamento cultural como para actividades culturais.
O prazo para solicitalas é dende o día 4 de marzo de 2017 ao 7 de abril de 2017 (ambos inclusive).