Novas
RESERVA BIOSFERA
O Concello aproba no pleno do 20 de abril o proceso de adhesión á reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo.
De momento é unha declaración cara a plena inclusión, como xa fixeran Laracha e Cerceda e máis recentemente Carballo e Mesía, ademáis dos membros fundadores: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Son 114.000 hectáreas e máis de 250.000 habitantes.
Presenta atractivos innegables. É unha figura que concede a Unesco ós territorios comprometidos en compaxinar a conservación ambiental e o desenrolo económico sostible. Os seus inmtegrantes tratan de poñer en valor os valores ambientais, culturais, etnográficos e históricos; xerando, incluso, oportunidades de emprego, educación ambiental, sinalización conxunta, tal vez producto turístico e marca de calidade… e un selo máis para darse a coñecer.
Haberá que agardar a que se aprobe esta ampliación (pasará filtros en Madrid e París). É importante destacar o caracter conservacionista e de usos ambientais. É unha oportunidade para o noso concello que lle dará un plus de calidade.
Novas
Bases xerais para a selección de auxiliares de axuda no fogar para constituir unha bolsa de emprego.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 dias naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio.
Novas
FESTA DOS MAIORES 2017
SÁBADO 13 de maio de 2017
13h Santa Misa na Igrexa Parroquial de Vilasantar
14h Xantar de confraternidade (na carpa situada detrás do concello)
O xantar é gratuíto para as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Vilasantar
Deberase confirmar asistencia no tlf. 981 77 81 69 antes do 5 de maio.
Haberá autobús
Novas
Xornadas de Termalismo
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
“Xornadas de Termalismo” en ATTICA 21 de Villalba
8 de Maio (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
15 de Maio (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 27 de abril
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
* As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
* As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
* As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla. De non levalo poderán alugalo polo prezo de 1 € cada cousa.
Novas
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2017
Dende o Concello de Vilasantar infórmase de que xa está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1200 €
- Cando sexa o terceiro ou sucesivos: 2400€
Beneficiarios:
Persoas que teñan fillos/as menores de tres anos, nados entre o 4-1-2014 e o 1-1-2017 ou adoptados entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016 e que, por razón dos ingresos obtidos nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF, nin o fixeran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
Requisitos e contía da axuda:
- Residencia en Galicia dos proxenitores e convivencia dos nenos/as co solicitante, na data da solicitude.
- Que a data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
Lugar e prazo de presentación:
- O prazo de presentación será dende 4/04/2017 ao 29/05/2017.
- Poderán cubrir as solicitudes nas dependencias de Servizos Sociais deste Concello (tfno: 981 77 82 57) ou por vía electrónica a través do formulario en https://sede.xunta.es co documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola Xunta.
Novas
AXUDAS A EMPRESAS NO RURAL
¿Tes unha empresa no rural?
¿Queres ampliala ou modernizala?
Agader vai convocar axudas destinadas á compra de maquinaria e
equipamento para empresas que desenvolven actividades non agrícolas
SI eres:
- Pequena empresa
- Persoa física suxeita ao
réxime especial de
traballadores autónomos - Titular dunha explotación
agraria ou membro da
súa unidade familiar
Interésache!
¿Qué se subvenciona?
- Maquinaria e equipamentos novos, afectos á
actividade empresarial - Patentes e licenzas relacionadas cos equipos
subvencionados
Importe máximo das axudas: 135.000€Intensidade das axudas: 45%
Estate atento durante o mes de abril ao DOG e á páxina web de Agader agader.xunta.gal
ou ponte en contacto con nós a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal
ou nos teléfonos: 981547382 – 981547369 – 981542690
¿Cales son os principais requisitos?
Os investimentos non poden estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda.
Que se desenvolvan no territorio de Galicia, agás nas parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP).
Co investimento deberán perseguirse algún dos seguintes obxectivos: Aumentar a competitividade da empresa,
Reducir custos, Reducir impacto ambiental, mellorar a calidade das producións, implantar novos productos, etc…