Novas
FESTIVAL ESPAZOS SONOROS
O conxunto de actividades e concertos que cada ano nos propón Espazos Sonoros convídanos a vivir a riqueza patrimonial espallada polo conxunto do territorio galego, a través dos sentidos e acompañados da fascinación que a música nos provoca.
Descarga o cartelo o catálogo de información dos diferentes lugares de Galicia
Xornada en Vilasantar: Ruta dos Muíños do río
Gándaras e obradoiros de agricultura ecolóxica
A xornada comezará pola mañá cun percorrido cir-
cular pola Ruta dos Muíños. A ruta comeza na ponte
do Sapo, á que chegaremos a pé, logo de vir cami-
ñando desde a igrexa de Santa María de Mezon-
zo. Desde aí seguiremos o curso do río Cabalar, un
afluente do Tambre, e pasaremos a carón do muíño
da ponte do Sapo, do que aínda se conserva unha
casa vivenda e un serradoiro que era unha fábrica
de paus para os zocos. Continuaremos polo camiño
ata o punto onde conflúen as augas do río Cabalar
coas do Tambre, pegados á canle que conduce ata
unha minicentral eléctrica. O camiño continúa por
unha senda á marxe dereita do río Gándaras ata o
muíño das Cernadas, pasa a carón dunha fervenza
cun envolvente murmurio de augas e desvíase ata
outro dos puntos emblemáticos da ruta, o batán de
Mezonzo, actualmente restaurado e que forma, coa
fervenza e co muíño, un complexo etnográfico dunha
beleza paisaxística e natural inigualable.
Pola tarde, logo do xantar, visitaremos a granxa
ecolóxica Millo e Landras para participarmos da ex-
periencia da elaboración de queixo do país artesán.
Programa da xornada
Mañá: saída ás 11 h da igrexa de Santa María de
Mezonzo e percorrido pola Ruta dos Muíños do río
Gándaras.
Ás 14 h, volta á igrexa de Mezonzo e xantar conxun-
to (prezo 12 euros) no campo da feira, con produtos
da horta e da granxa ecolóxica Millo e Landras.
Tarde: ás 16 h, obradoiro para a elaboración de
queixo artesán e visita ás instalacións da granxa Mi-
llo e Landras, con explicacións sobre os rudimentos
da agricultura ecolóxica.
Ás 20 h, concerto na igrexa de Santa María de Me-
zonzo.
Hora e lugar de encontro: 11 h, na igrexa de Santa
María de Mezonzo
Duración: 2 horas e media aprox.
Distancia: 12 km
Dificultade: media (a maior parte do camiño vai pe-
gado ao río)
Capacidade máxima: 50 persoas
Inscrición: do 19 ao 30 de agosto, en
actividades@espazossonoros.org
Prezo do xantar: 12 euros, inclúe tamén os produ-
tos necesarios para a elaboración do queixo
Non esquezas:
_Calzado cómodo para camiñar
_Unha gorra para o sol
_Un impermeable por se chove
_Auga, chocolate e unha mazá para o camiño
Novas
V CAMPUS ALEX BERGANTIÑOS, EDUCA EN IGUALDADE
Accedan á galería fotográfica para ver as divertidas fotos das xornadas do V Campus Alex Bergantiños, educa en igualdade.
Novas
Subvencións renovación de cubertas con tella cerámica
DOG Núm. 128, Xoves, 6 de xullo de 2017. Consellería de Economía, Emprego e Industria
REQUISITOS:
- Ser propietario da vivenda
- Solicitar reserva de fondos a través da aplicación informática,
- A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de edificios de vivenda colectiva ou vivendas unifamiliares, xunto coas súas instalacións anexas, de ser o caso, por unha cuberta de tella cerámica.
- O custo subvencionable máximo será de 55 € por m2 de cuberta. A contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables.
DOCUMENTACIÓN:
- DNI da persoa solicitante
- Conta bancaria IBAN
- Acreditación da titularidade do edificio ou vivenda
- Orzamentos ou facturas pro forma
- Fotos antes da rehabilitación que inclúa imaxes do conxunto da vivenda e concretamente da cuberta a renovar, así como da fachada principal do edificio ou vivenda unifamiliar onde se aprecie o número de portal ou rúa.
- Recibo contribución (referencia catastral)
O prazo de solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Para mais información dirixirse aos servizos sociais do concello.
Novas
EXCURSIÓN A PADRÓN – O BARBANZA
LECER PARA OS NOSOS MAIORES o día 20 de xullo.
Esta xornada de lecer vai dirixida a todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Vilasantar. O programa do día será o seguinte:
- Saída as oito e media da maña cara Padrón (recollida polas parroquias).
- Xa na vila de Padrón visitaremos a Casa de Rosalía de Castro, Igrexa de Santiago, Xardín botánico e Alameda.
- Comida en Hotel Escala en Padrón (Prezo 14 €)
- Visita ao Barbanza. COmezaremos primeiro cunha visita panorámica a través da costa do Barbanza, e logo visitaremos xa a pe distintos lugares de interese, a Pobra do Caramiñal, Rianxo…
O PRAZO PARA ANOTARSE ESTÁ ABERTO. NON SE ANOTARÁ A PARTIR DO DÍA 17 DE XULLO.
ANOTARSE NOS TELÉFONOS: 981 77 81 69 – 981 77 82 57
Novas
CAMPAMENTO DE VERÁN DO 1 AO 31 DE AGOSTO
Actividade organizada polo Concello durante o mes de agosto, co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e dinamizar o tempo libre dos nenos/as do Concello.
Destinatarios: nenos/as de 4 a 12 anos (inclusive)
Data: de luns a venres durante o mes de agosto (do 1 ao 31 de agosto)
Horario: de 10:00 a 14:00 horas.
Lugar: local social de Vilasantar
Mínimo de participantes:10
Custo: gratuíto para os empadroados en Vilasantar. Non empadroados 50€ por participante. No caso de non empadroados e de ser dous o máis irmáns o custo será de 25 € por participante.
PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O 21 DE XULLO DE 2017 (981 778 169 TRINI)