Novas
CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA
Dende o Concello de Vilasantar informamos que como consecuencia da falta de precipitacións deste ano, os niveis de auga potable nos depósitos municipais non son capaces de recuperarse ao ritmo desexado.
A auga é un ben escaso, polo que SOLICITAMOS a colaboración de todos os veciños/as para facer un uso responsable da auga nas súas vivendas, aplicando medidas de aforro para evitar futuras carencias e restriccións.
Recordamos que están terminantemente PROHIBIDOS os enganches da auga sen a previa autorización do Concello, e poderán ser sancionados en caso de detectarse algún nas revisións periódicas.
Novas
XORNADA DE ESPAZO SONOROS – Patrimonio, Música, Turismo
O pasado sábado, 2 de setembro, celebrouse en Vilasantar a inauguración do décimo aniversario do festival Espazos Sonoros.
Comezou a xornada ás 11 da mañá cun percorrido pola “ruta dos muiños”; durante tres horas camiñouse pola veira do río Gándaras, pasando a carón da central eléctrica, de varios muiños antigos (de pezas e de maquía) e do Batán de Mezonzo, actualmente restaurado e que forma, xunto ca fervenza, un complexo etnográfico dunha gran beleza paisaxística e natural.
Logo de xantar, visitouse a granxa ecolóxica “Millo e Landras” onde se celebrou un obradoiro para a elaboración de queixo do país artesán.
Por último, as 20 horas, na igrexa de Santa de María de Mezonzo, foi o concerto inaugural da man de tres virtuosas personalidades: Marco e Angela Ambrosini e Eva-María Rushe. O repertorio foi unha magnífica mostra de toda a variedade de elementos e concepcións relativas ao barroco, con formas musicais propias dos séculos XVI e XVII.
Na xornada participaron cerca de 80 persoas e 100 para o concerto.
Poden acceder as fotos da xornada na galería fotográfica.
Novas
ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2017-2018
Como cada ano, co comezo do outono, inícianse as actividades municipais. Poden descargar o díptico e o cartel a continución, e para maior información acudir ou chamar ao Concello (981 778 169).
Novas
FOTOS CAMPAMENTO VERÁN (AGOSTO 2017)
Xa poden visitar na galería fotográfica as fotos das xornadas do pasado mes de agosto durante o campamento. Recordar que o Concello tamén organizou actividades nos pasados nadal, entroido e semana santa, xunto con este campamento de agosto para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas do Concello.
Novas
AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
O prazo para presentar as solicitudes é do 12 de setembro ao 13 de outubro de 2017.
En cumprimento do disposto no artigo 3 do Regulamento de concesión de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 91, do 23 de abril de 2009, as solicitudes formalizaranse no modelo de instancia facilitado polo concello e presentaranse no rexistro xeral xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia CIF (non será necesario en caso de telo presentado no ano anterior).
- Fotocopia do DNI do representante (non será necesario en caso de que coincida co do ano anterior).
- Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria de actividades e orzamento previsto.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria (non será necesaria no caso de que coincida co do ano anterior).