Novas
CAMPAMENTO DE NADAL
Actividade organizada polo Concello de Vilasantar durante o mes de decembro de 2017 e xaneiro de 2018, co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas do Concello.
Destinatarios: nenos e nesnas de 4 a 12 anos (inclusive).
Data: Os días 26, 27, 28, e 29 de decembro de 2017 e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018.
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar: local social de Vilasantar.
Mínimo de participantes: 10
Custo: gratuíto para os empadroados en Vilasantar. Non empadroados 50 € por participante. No caso de non empadroados e de ser dous ou máis irmáns o custo será de 25 € participante.
Prazo para anotarse: ata o día 21 de decembro (981 778 169 Trini)
Novas
AXUDAS AO TRANSPORTE ESCOLAR DO CONCELLO DE VILASANTAR
No BOP do día de onte, 22 de novembro, sae publicado o anuncio polo que se regulan as Bases para as axudas a transporte escolar do curso 2017/2018 do Concello de Vilasantar.
O prazo remata o día 22 de decembro de 2017. Descarga o edicto correspondente.
Novas
BONIFICACIÓN IBI e IVTM
Según publicación do BOP nº 210 de 6 de novembro de 2017:
Con data 30 de outubro de 2017 o concello en Pleno acordou aprobar provisionalmente as seguintes modificacións das Ordenanzas fiscais do Concello de Vilasantar.
- Ordenanza nº 1 do IBI. Artigo 4 Bonificacións (Picar para abrir o documento)
- Ordenanza nº 3 do IVTM. Artigo 5 Bonificacións (Picar para abrir o documento)
O acordo provisional estará exposto ao público durante o prazo de trinta días hábiles, mediante edicto publicado no taboleiro de anuncios do Concello, coa finalidade de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais. De non presentarse reclamacións no citado prazo, o acordo provisional elevarase automáticamente a definitivo.
O expediente administrativo está posto a disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría do Concello de Vilasantar.
Novas
PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 2017
O Consello da Xunta de Galicia celebrado o pasado 11 de outubro de 2017 aprobou unha nova convocatoria para 2018, cun importe preto de 2,9 millóns de €, das axudas da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago, sen prexuízo de que aínda se poden presentar solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2017, aberta ata o 30 de novembro. A nova convocatoria para 2018 publicarase no Diario Oficial de Galicia a comezos de ano.
Destas axudas poden beneficiarse as vivendas emprazadas nas parroquias do concello polas que pasa o Camiño, de acordo coa normativa vixente.
Os propietarios de vivendas emprazadas na ARI, así como as comunidades de propietarios, poden acceder a axudas de ata 15.000 € por vivenda para a rehabilitación das mesmas o que, sen dúbida, facilita e fomenta a mellora das vivendas e condicións dos habitantes, sen esquecer o emprego de man de obra que conleva a rehabilitación e os beneficios económicos da mesma para os concellos nos que se realiza.
PARA MÁIS INFORMACIÓN ACUDIR AO CONCELLO.
Novas
INSTALACIÓN DE ESTUFA DE PELLETS PARA CALEFACTAR A ESCOLA DE ARMENTAL
O Concello de Vilasantar solicitou unha axuda económica ao Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, confinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvementos Rexional no programa operativo Feder Galica 2014-2020.
Os conceptos subvencionables do proxecto aprobado afectados por Feder corresponden á anualidade 2017 quedando do seguinte xeito:
Orzamento Aceptado sen IVE |
1.750,00 € |
Ive (%) |
21% |
Orzamento aceptado con IVE |
2.117,50 € |
% Intensidade Axuda |
80,00 % |
Axuda Resolución |
1.694,00 € |
Novas
INSTALACIÓN DE CALDEIRA DE PELLETS PARA CALEFACTAR A ESCOLA DE VILARIÑO
O Concello de Vilasantar solicitou unha axuda económica ao Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, confinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvementos Rexional no programa operativo Feder Galica 2014-2020.
Os conceptos subvencionables do proxecto aprobado afectados por Feder corresponden á anualidade 2017 quedando do seguinte xeito:
Orzamento Aceptado sen IVE |
6.991,10 € |
Ive (%) |
21% |
Orzamento aceptado con IVE |
8.459,23 € |
% Intensidade Axuda |
80,00 % |
Axuda Resolución |
6.767,38 |
Novas
PRÉSTAMOS PEMES GALICIA-PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020-
Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas ou medianas empresas ou microempresas, que cumpran os requisitos recollidos na Orde. Máis información no DOG núm 206 do 30 de outubro de 2017.
Novas
AXUDAS DESTINADAS A GARANTIR A SUBMINISTRACIÓN DE AUGA ÁS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
Titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, das zonas declaradas de alerta ou prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro. Máis información no DOG núm 208 de 2 de novembro de 2017.