Novas
BONIFICACIÓN IBI e IVTM
Según publicación do BOP nº 210 de 6 de novembro de 2017:
Con data 30 de outubro de 2017 o concello en Pleno acordou aprobar provisionalmente as seguintes modificacións das Ordenanzas fiscais do Concello de Vilasantar.
- Ordenanza nº 1 do IBI. Artigo 4 Bonificacións (Picar para abrir o documento)
- Ordenanza nº 3 do IVTM. Artigo 5 Bonificacións (Picar para abrir o documento)
O acordo provisional estará exposto ao público durante o prazo de trinta días hábiles, mediante edicto publicado no taboleiro de anuncios do Concello, coa finalidade de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais. De non presentarse reclamacións no citado prazo, o acordo provisional elevarase automáticamente a definitivo.
O expediente administrativo está posto a disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría do Concello de Vilasantar.
Novas
PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 2017
O Consello da Xunta de Galicia celebrado o pasado 11 de outubro de 2017 aprobou unha nova convocatoria para 2018, cun importe preto de 2,9 millóns de €, das axudas da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago, sen prexuízo de que aínda se poden presentar solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2017, aberta ata o 30 de novembro. A nova convocatoria para 2018 publicarase no Diario Oficial de Galicia a comezos de ano.
Destas axudas poden beneficiarse as vivendas emprazadas nas parroquias do concello polas que pasa o Camiño, de acordo coa normativa vixente.
Os propietarios de vivendas emprazadas na ARI, así como as comunidades de propietarios, poden acceder a axudas de ata 15.000 € por vivenda para a rehabilitación das mesmas o que, sen dúbida, facilita e fomenta a mellora das vivendas e condicións dos habitantes, sen esquecer o emprego de man de obra que conleva a rehabilitación e os beneficios económicos da mesma para os concellos nos que se realiza.
PARA MÁIS INFORMACIÓN ACUDIR AO CONCELLO.
Novas
INSTALACIÓN DE ESTUFA DE PELLETS PARA CALEFACTAR A ESCOLA DE ARMENTAL
O Concello de Vilasantar solicitou unha axuda económica ao Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, confinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvementos Rexional no programa operativo Feder Galica 2014-2020.
Os conceptos subvencionables do proxecto aprobado afectados por Feder corresponden á anualidade 2017 quedando do seguinte xeito:
Orzamento Aceptado sen IVE |
1.750,00 € |
Ive (%) |
21% |
Orzamento aceptado con IVE |
2.117,50 € |
% Intensidade Axuda |
80,00 % |
Axuda Resolución |
1.694,00 € |
Novas
INSTALACIÓN DE CALDEIRA DE PELLETS PARA CALEFACTAR A ESCOLA DE VILARIÑO
O Concello de Vilasantar solicitou unha axuda económica ao Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, confinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvementos Rexional no programa operativo Feder Galica 2014-2020.
Os conceptos subvencionables do proxecto aprobado afectados por Feder corresponden á anualidade 2017 quedando do seguinte xeito:
Orzamento Aceptado sen IVE |
6.991,10 € |
Ive (%) |
21% |
Orzamento aceptado con IVE |
8.459,23 € |
% Intensidade Axuda |
80,00 % |
Axuda Resolución |
6.767,38 |
Novas
PRÉSTAMOS PEMES GALICIA-PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020-
Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas ou medianas empresas ou microempresas, que cumpran os requisitos recollidos na Orde. Máis información no DOG núm 206 do 30 de outubro de 2017.
Novas
AXUDAS DESTINADAS A GARANTIR A SUBMINISTRACIÓN DE AUGA ÁS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
Titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, das zonas declaradas de alerta ou prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro. Máis información no DOG núm 208 de 2 de novembro de 2017.
Novas
VISITA INSTITUCIONAL DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou o xoves 19 de outubro, unha visita institucional ao concello de Vilasantar, onde foi recibido polo alcalde, Fernando Pérez e algúns membros da Corporación municipal.
Foi recibido o Presidente Provincial, ás 16:30, na praza do Concello e antes de subir ó salón de plenos, visitaron a aula de informática do Concello onde intercambiou impresións cos veciños presentes na actividade municipal.
Xa no salón de plenos, o Alcalde solicitou distintas actuacións por parte da Deputación; concretamente solicitou a construcción dunha senda peonil, na parroquia de Présaras, estrada provincial DP-3205, dende o Chope ata o Cruceiro, pasando pola Carballeira, que é a marxe pola que transitarían os veciños cara a igrexa de Présaras, mellorando así, a seguridade viaria; aproveitaríase tamén, con esta actuación a colocación das tubaxes do saneamento.
Solicitouse, tamén nesta estrada provincial, o aglomerado da mesma, dende o cruce das Abeleiras (ata aquí xa está aglomerado) en dirección San Vicente; este tramo é moi transitado, e comunica cos Concellos de Curtis e de Sobrado e dá acceso a lugares das parroquias de Présaras, Armental, Vilariño e San Vicente. É un tramo de varios kilómetros e contemplouse a posibilidade de facelo por tramos, ano a ano.
Solicitou, tamén o Alcalde, que cos cartos das baixas das obras financiadas pola Deputación, financiamento para unha nova captación de auga na parroquia de San Vicente; adiantoulle ,o Presidente, que haberá un novo programa cas baixas dos concellos, o que lle permitiría ó Concello acometer dita actuación.
Pediúselle á Deputación, apoio para o Centro de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar, que agora mesmo xestiona a asociación Raiña Paraiso. Comentar que este luns pasado, 16 de outubro, mantivose unha reunión no Centro Ecolóxico co xefe de servizo de desenvolvemento territorial e de medio ambiente da Deputación, Manuel Vázquez Sesmonde, acompañado pola técnica Sofía Agrafojo, xunto con membros da Asociación e o Alcalde do concello, para estudar posibles liñas de colaboración.
Tratáronse, a maiores, na reunión co Presidente, diferentes asuntos: apoio ós concellos pequenos e rurais, apoio en servizos básicos, tratamento de ordenanzas conxuntas nos concellos…
O remate da reunión no Concello, desprazáronse a estrada DP-9001 que conecta ca estrada municipal que dá acceso á parroquia de Vilariño, na que está previsto que comecen proximamente os traballos de ancheado e aglomerado do tramo provincial; cando o Alcalde fixera a solicitude destes traballos chegara o acordo de que o tramo pasase a ser de titularidade municipal logo da execución das obras.
Ás 17:30 rematou a visita e o Alcalde, Fernando Pérez, agradeceu, en nome de todos os veciños do Concello de Vilasantar a presenza do Presidente propvincial.
Novas
VACINACIÓN ANTIGRIPAL
A Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde poñen en marcha dende este luns 23 de outubro, a campaña anual de vacinación antigripal para todas as persoas de 60 ou máis anos e menores de esa idade con patoloxías crónicas. A campaña remata o 29 de decembro.
Novas
PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL 2017: PROXECTOS EDUCATIVOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO
Accede e descarga o cartel e as bases do concurso
A Deputacion da Coruña, no marco das actividades con motivo da conmemoración do 25 de novembro do 2017 » Día contra a violencia de xénero » convoca os seguintes premios:
Premio Concepción Arenal 2017: proxectos educativos pola igualdade de xénero
Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construcción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a iguladade de oportunidades real entre sexos.
Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:
A) Proxectos educativos en educación infantil
B) Proxectos educativos en educación primaria
C) Proxectos educativos en educación secundaria
Premiarase o programa de activides de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdades entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporado de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía a autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.
Premio : Convócase un premio en metálico de 5000 € por cada modalidade.
Prazo: 14 novembro de 2017.
Para mais información, premer no enlace https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero/2017/bases/
Novas
CURSO CONSERVAS CASEIRAS DE HORTALIZAS ECOLÓXICAS
Aprenderemos a transformar alimentos frescos en conservas artesanais a través de diversas técnicas de conservación.
DATA: 20 de outubro de 17 a21 h.
21 de outubro de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.
INSCRICIÓNS: 693 747 500
CUSTO: 30 €
PRAZAS LIMITADAS: 20 persoas