Novas
AXUDAS IGAPE
RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende). (picar sobre o texto para ler toda a información no DOG Núm 18 de 25/01/2018)
Novas
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
DESTINATARIOS:
- 382563: Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
- 382564: poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
IMPORTE:
- 382563: 14.663.995€
- 382564: 1.350.000€
DOG Núm 19 de 26/01/2018
ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Máis información
ORDE de 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concurrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL -Economía Social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018.
DESTINATARIOS: As cooperativas e sociedades laborales para o programa I e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou de outras empresas que se transformen nestas, para o programa II.
IMPORTE: 1.800.000,00 €
DOG Núm 18 de 25/01/2018
Novas
ORDE DO 20 DE DECEMBRO DE 2017 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO
DESTINATARIOS: Persoas qeu teñan unha titulación universitaria de licenciada/o ou de grao, para que completen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.
IMPORTE: 59.200,00 €
DOG Núm 15 de 22/01/2018
Novas
CEIP PRESARAS: ÁBRESE O PRAZO DE MATRICULACIÓN
- Servizo de madrugadores: aberto dende as 8:00 (en función da demanda).
- Deporte escolar: volei, badminon, atletismo, campo a través.
- A mellor Biblioteca Escolar da Comarca. Colexio PLAMBE e premio do MEC.
- Xadrez.
- Piscina en horario escolar.
- Baile tradicional e moderno.
PRAZO DE ADMISIÓN: 1 ao 20 de marzo.
En colaboración con: Concello de Vilasantar, ANPA CEIP Présaras e Asociación Amas de Casa de Vilasantar.
Novas
BONO SOCIAL ELÉCTRICO
O bono social eléctrico, ofrece a certos colectivos un desconto no prezo da enerxía eléctrica.
REQUISITOS:
1.-Ser titular do contrato de subministro e que sexa a vivenda habitual.
2.- Que a renda da unidade familiar, se axuste aos datos da seguinte información.
PERSOAS QUE PODEN BENEFICIARSE LIMITE INGRESOS ANUAL UNIDADE FAMILIAR
Demandante individual pensionista coa pensión mínima de xubilación, viuvez, orfandade.
Persoas que viven soas ou familias sen menores 11.279,39€
Familias cun menor a cargo 15.039,18€
Familias con dous menores a cargo 18.798,89€
Familias numerosas Non teñen límite de renda
As persoas que tiñan bono, teñen que solicitalo de novo, antes do 8 de abril de 2018, polo cambio das condicións do citado bono.
Para máis información do bono social, da documentación necesaria, e do trámite preguntar en Servizos Sociais do Concello de Vilasantar.
Novas
DIA DE REIS EN VILASANTAR
O día 5 de xaneiro, chegaron os Reis Magos, neste caso tres raiñas, acompañadas polos paxes (tres nenas tamén), a Vilasantar. Fixeron a chegada á vivenda comunitaria de Vilasantar onde mantiveron conversa cos maiores alí presentes. Desprazouse logo a carroza, cara o Concello de Vilasantar, onde foron recibidos polo equipo de goberno; xa dende o balcón deron unhas palabras aos veciños e nenos presentes, para xa logo desprazarse toda a comitiva cara o local social de Vilasantar onde os reis recibiron un a un a todos os nenos presentes, facéndolles entrega dos agasallos. Logo, disfrutouse do espectáculo «O Capitán Garfo», onde os presentes aprenderon a cociñar dun maneira divertida e musical.
Xa como remate, houbo o tradicional chocolate con churros para todos.
Visite as fotos da xornada na galería fotográfica.
Novas
INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
A unidade móbil nº 3 de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao Concello de Vilasantar o vindeiro xoves día 18 de xaneiro, e situarase na pista detrás do Concello, en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.
Para solicitar cita previa no teléfono 902 309 000 ou na páxina web www.cycitv.com – cita previa
Novas
SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2018 DESTINADO A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS E MULLERES RURAIS
DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL
ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras
e a convocatoria de subvencións para o ano 2018 dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións,
federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de
augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións,
federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de
usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións
de mulleres rurais de Galicia.
IMPORTE: 1.000.000 €
DOG Núm. 4 05/01/2018
Novas
CAMPAÑA DE ESQUÍ 2018_Deputación da Coruña
Os rapaces e rapazas do noso Concello nados nos anos 2003,2004,2005,2006 e 2007, poderán particar na campaña de Inverno de esquí da Deputación da Coruña do 23/2/2018 ó 26/2/2018 na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda.
Para anotarse é necesario cubrir a ficha de inscrición que se inclúe no tríptico que podedes descargar pinchando neste enlace e entregala no Concello ou a Técnica Deportiva antes do 2 de Febreiro.
Novas
FOTOS BADMINTON E PATINAXE_DECEMBRO 2017
O sábado 16 tivo lugar a 1º Xornada Intermunicipal de Badminton no Pavillón Polideportivo de Présaras. En dita xornada participaron nenos e nenas de Curtis, Teixeiro, Irixoa, Monfero, Ordes, Trazo, O Pino, Melide, Toques, Boimorto, Sobrado e Vilasantar. O Martes 26 acudimos tamén, como cada ano, a patinar sobre xeo.
Achegámosvos algunhas fotos de ambas xornadas que podedes visualizar accedendo o menú pincipal, no apartado “O Concello”, pinchando en “Galerías Fotográficas”.