Novas
FESTA DOS MAIORES 2018
SÁBADO 2 DE XUÑO DE 2018
Ás 13:00 horas: Misa na Igrexa Parroquial de Vilasantar
Ás 14:00 horas: Xantar (na carpa situada detrás do Concello)
O xantar é gratuíto para as persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Vilasantar. Deberase confirmarse asistencia antes do 25 de maio de 2018 chamando ao teléfono 981 77 82 57.
Como nos anos anteriores haberá autobús de recollida polas parroquias (Previa anotación).
Festa amenizada por un dúo musical.
Novas
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS DA XUNTA 2018
NORMATIVA: Orde do 10 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 74 do 17/04/2018)
OBXECTO: Convocar un total de 679 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
-Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia
-Valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria.
-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
DURACIÓN DAS QUENDAS: As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprederán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2018.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Prazo de presentación de solicitudes:
– Para as quendas que se leven a cabo nos meses de maio e xuño, ambos inclusive: 20 días
hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da orde que regula o programa no
Diario Oficial de Galicia (día 15 de maio)
– Para as quendas que se leven a cabo nos meses de xullo a outubro: ata o 31 de maio do
2018.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.
Novas
A ESCOLA DE PATINAXE PARTICIPOU NA IV GALA DE PATINAXE DO CONCELLO DE TOQUES
O pasado sábado 14 a Escola de Patinaxe do Concello de Vilasantar participou na IV Gala de Patinaxe do Concello de Toques, na modalidade de bailes.
Novas
REUNIÓN INFORMATIVA: POSTURA DO CONCELLO ANTE O PROXECTO PARQUE EOLICO LAVANDEIRA SITUADO NA PARROQUIA DE SAN VICENTE
LUGAR: LOCAL SOCIAL DE SAN VICENTE
DÍA: MARTES 17 DE ABRIL
HORA: 13 HORAS
Novas
CONSULTA NA AVALIACIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO PARQUE EÓLICO DE LAVANDEIRA
Pola Subdirección Genral de Evaluación Ambiental comunicouse a apertura do períodode consultas na avaliación ambiental do Proxecto Parque Eólico Lavandeira de 51,975 MV, líneas a 30 KV, subestación eléctrica 30/220 KV e liña eléctrica a 220 KV para evacuación en Vilasantar e Curtis (A Coruña), regulado polo artigo 34 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.
O Concello de Vilasantar remitiu hoxe as súas consideracións ao documento. O martes 17 de abril haberá unha reunión informativa sobre a postura do Concello. Será as 13 horas no local social de San Vicente.
O documento inicial e os planos do proxecto de dito parque eólico poderán consultarse na páxina wev do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, no apartado de Áreas de Actividade, Calidade e Avaliación Ambiental, Avaliación Ambiental, Plans, Programas e Proxectos en fase actual de Consulta Pública por parte do Órgano Ambiental.
https://servicios.mapama.es/irj/portal/anonymous/consultaDestacados?NavMode=3
Novas
FASE DE ACORDO NA PARCELARIA DE SAN VICENZO
Para descargar as follas de petición, os planos e demáis documentación
acceder a este enlace http://www.sialingenieria.com/infozonas.php
Emprego
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL URXENTE, A XORNADA COMPLENTA DUN/DUNHA TECNICO/A DE TURISMO PARA OS CONCELLOS DE VILASANTAR, BOIMORTO E SOBRADO.
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL URXENTE, A XORNADA COMPLENTA DUN/DUNHA TECNICO/A DE TURISMO PARA OS CONCELLOS DE VILASANTAR, BOIMORTO E SOBRADO.
Lista de admitidos e Tribunal de selección
Publicado o 03/04/2018
Novas
INFORMACIÓN PARCELARIA SAN VICENZO
Accedan os seguintes descargables para ver toda a información respecto a parcelaria de San Vicenzo: