Novas
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO – OPOSICIÓN, DUN/HA SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE VILASANTAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL
Novas
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO – OPOSICIÓN, DE CATRO PEÓNS PARA UNHA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL (5 HORAS DÍA) AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
Novas
SUMATE DOA SANGUE: UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE (PRÉSARAS)
MARTES, 5 XUÑO
10:00 ás 14:00 horas
Novas
Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO 2018-2019
Solicitantes:
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
-
Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
-
Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
-
Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
-
Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
-
Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Prazo de presentación:
Desde o día 16 de maio de 2018 ata o 26 de febrero de 2019 distribuidos nas seguintes fases:
-
Primeira: a partir do 16 de maio ao 14 de xuño, recibirán acreditacións para os primeros días de comercialización do programa.
-
Segunda: a partir do 15 de xuño de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019, para recibir acreditacións posteriormente.
Modalidades:
-
Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
-
Zona Costeira Insular: estadías de 15,10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
-
Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias desde 7 ata 3 días, cos seguintes tipos de viaxes:
-
Circuitos Culturais.
-
Turismo de Natureza.
-
Viaxes a Capitais de Provincia.
-
Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
-
Novas
ENCONTROS ECOLÓXICOS
Novas
REÚNESE A FAMILIA DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO NUNHA XORNADA DE REUNIÓNS E DEBATE SOBRE O DESENVOLVEMENTO RURAL
Onte o GDR Ulla Tambre Mandeo, que xestiona as axudas Leader nos Concellos da Comarca de Arzúa, a Comarca de Melide e o Concello de Vilasantar, tivo unha maratoniana xornada de reunións, na súa cita anual coa Asamblea Xeral na que se deu conta das actividades e do presuposto GDR.
Entre outros asuntos, douse entrada a tres novas asociacións, que dende onte pasaron a formar parte do GDR, sumando un total de 66 asociacións e entidades.
-
AMARAI, Asociación de persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Melide, con sede en Arzúa, que ten como obxectivo conseguir a plena inclusión de persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade.
-
ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAÍSO con sede en Vilasantar ten como obxectivo a integración e formación sociolaboral de persoas en situación de exclusión socialm e actualmente xestiona a Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.
-
ASOCIACIÓN AXÓUXERE ten entre os seus fines a difusión cultural en Vilasantar, a integración sociolaboral e a promoción de igualdade de oportunidades das mulleres.
Tras tratar tódolos puntos a actual xunta directiva acorda que na seguinte asamblea que se celebre realizaranse eleccións ao órgano directivo, tal e como marcan os estatutos.
En xeral, a xornada estivo marcada pola satisfacción do traballo realizado, sen perder de vista os obxectivos marcados e mellorando cada ano para lograr alcanzalos, pois como apunta o presidente, don Ovidio Leiva, a filosofía Leader non debe servir unicamente para axudar á posta de negocios en marcha, senon tamén para mellorar a innovación no rural.
Novas
REUNIÓN DO ALCADE COA CONSELLEIRA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA
O alcalde, Fernando Pérez, mantivo coa conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez unha reunión para analizar diversos asuntos do Concello de Vilasantar.
O alcalde solicitou a mellora do acceso de vehículos á escola de agricultura ecolóxica dende a estrada AC-840.
Tamén, trataron a posibilidade de cesión da travesía de Présaras, propiedade da Xunta, a titularidade municipal. Dita posibilidade plasmaríase nunha proposta de cesión.
Trataron tamén a solicitude feita pola alcaldía da posibilidade de arranxo da antigua escola de maestros do Seixo en vivenda para persoas sin recursos ou local social.
Novas
TEATRO FILLOS DO SOL_CULTURA NO CAMIÑO 2018
LUGAR: LOCAL SOCIAL DE VILASANTAR
DÍA: SÁBADO, 9 de XUÑO de 2018
HORA: 19:00h
Novas
XORNADA A FAVOR DA IGUALDADE: VILASANTAR COA MULLER LIBRE
Celebrouse o sábado 19 de maio a 1ª xornada “Vilasantar coa muller libre” que organizou conxuntamente o Concello de Vilasantar e o centro de información á muller de Curtis.
Preto de 70 persoas disfrutaron da obra de teatro “1879. Casa de bonecas” gañadora do 1º premio Luisa Villalta pola Igualdade da Deputación da Coruña”. Ao remate da obra teatral e dirixido pola directora do CIM, Natalia Vázquez Pita, houbo un pequeno coloquio interxeracional onde cinco mulleres de Vilasantar de distintas xeracións compartiron as súas experiencias de vida en relación coa igualdade e a desigualdade de xénero. Puidose comprobar ao remate do acto como reflexión que algo de avance social houbo en canto as liberdades da muller, pero que queda moitísimo traballo por facer, que é unha tarefa e labor de todos e todas, de homes e de mulleres: unha loita de persoas. A maiores o Concello de Vilasantar, por medio do seu Alcalde, manifestou o seu compromiso a non reducir recursos, servizos ou presupostos para combatir a violencia machista e apoiar ás victimas.
Pode visualizar as fotos da xornada na galería fotográfica.