Novas
INAUGURACIÓN OFICIAL OBRADOIRO EMRPEGO «TERRAS DA MONTAÑA II»
Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do Obradoiro «Terras da Montaña II» no que se van a formar 20 alumn@s traballadores durante 9 meses e conta cun equipo directivo e docente doutras 6 persoas.
Neste obradoiro vaise impartir a especialidade formativa «Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería». O Concello de Sobrado é o promotor do obradoiro no que participan alumnos dos Concellos de Sobrado, Curtis e Vilasantar.
Novas
PROXECTO EIXO_ESTRATEXIA INSERCIÓN XOVE_INICIO ITINERARIO FORMATIVO_PROCESO DE INSCRIPCIÓN
AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio)
O prazo de inscrición péchase o próximo MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.
Só se admitirán as inscricións enviadas por MAIL (pel.socorrismo.acuatico@dacoruna.gal) por cada concello antes das 14 horas dese día e que conteñan os datos e documentación sinalada no documento achegado, no que se detalla toda a información relativa ao itinerario que se inicia e ao proceso de inscrición e selección das persoas mozas participantes.
Novas
CAMPAÑA VACINACIÓN GRIPE 2018
A Consellería de Sanidade tamén pon a disposición a páxina web temática gripe de información para a sociedade e profesionais sanitarios, onde pode atoparse toda a información da campaña: https://gripe.sergas.gal/
Novas
BECAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2018/2019
No boletín oficial da provincia da Coruña do día 17 de outubro de 2018 sae publicado o anuncio das BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A BECAS DE TRANSPORTE ESCOLAR do Concello de Vilasantar para o curso 2018/2019.
REQUISITOS:
- Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalente.
- Non ter transporte gratuíto.
- Estar empadroados no Concello de Vilasantar.
- Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Vilasantar.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas e pagos coa Facenda Municipal.
- Certificación de estar matriculado nun centro oficial de bacharelato, FP ou equivalente.
- Certificación de titularidade da conta bancaria.
O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais a partir do día seguinte da publicación do anuncio no BOP. Ata o día 19-11-2018.
Novas
EXHIBICIÓN DE DEPORTES DE COMBATE: COMBATLON
KICKBOXING, LOITA OLÍMPICA, ESGRIMA
Sábado 27 de outubro de 2018
De 11:00 a 13:00 da mañá no pabellón municipal de Présaras.
Para tódalas idades, estades todos convidados!!
Organiza o Concello de Vilasantar. Colabora Escuela AYUDE e Asociación Galega de Combatlon.
Novas
AXUDAS ASOCIACIÓNS 2018
Por decreto de alcaldía do día 10-10-2018 ABRESE o prazo para solicitar as subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar para o ano 2018.
O prazo para presentar as solicitudes é do 10 de outubro ao 12 de novembro de 2018.
En cumprimento do disposto no artigo 3 do Regulamento de concesión de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 91, do 23 de abril de 2009, as solicitudes formalizaranse no modelo de instancia facilitado polo concello e presentarase no rexistro xeral xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia do CIF (non será necesario en caso de telo presentado no ano anterior).
- Fotocopia do DNI do representante (non será necesario en caso de que coincida co do ano anterior).
- Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria de actividades e orzamento previsto.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria (non será necesaria no caso de que coincida co do ano anterior).