Novas
AXUDAS A ASOCIACIÓNS 2019
No Boletín Oficial da Provincia do día 17 de decembro de 2019 publícase o extracto da Convocatoria de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar para o ano 2019.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días dende a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Dende 18 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020.
Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do CIF.
- Fotocopia do DNI do representate legal
- Declaración responsable de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria detallada das actividades que se van realizar e orzamento previsto das mesmas.
- Declaración responsable na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria.
- Certificación responsable de non encontrarse incursa en causa de prohibición de contratar.
Novas
PATINAXE SOBRE XEO
O venres día 3 de Xaneiro imos patinar a pista de Xeo de Área Central.
Saída: 10:20h. diante do Concello e 10:30h. diante do Local Social Présaras
Custe: 8.50€ por participante
*Menores de 8 anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta
Novas
REUNIÓN DO ALCALDE DE VILASANTAR CON D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
O Alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez, mantivo onte luns unha reunión na Deputación da Coruña co Presidente Provincial.
O alcalde doulle traslado da moción aprobada no pleno municipal por unanimidade de todos os /as concelleiros/as da corporación para o arranxo da estrada de titularidade provincial DP-3205. O presidente comprometeuse ao arranxo de dita estrada co fin de mellorar a seguridade vial. A obra executarase en tres tramos, comezando xa coa preparación do proxecto do primeiro tramo de 2 kilómetros 700 metros, que une Présaras coa Laxe.
A maiores o Alcalde solicitou colaboración para o arranxo da lámina do vaso máis dos vestiarios da piscina municipal.
Novas
SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS.
O Concello de Vilasantar foi beneficiario das subvencións concedidas polo Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de enerxias renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no margo do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Código Solicitude | Data presentacion | Proxecto | Axuda | Coste Total |
IN421G-201 | 27-05-2019 | Estufa de Pellets Local Social Vilasantar | 1064,00 | 2418,09 |
IN421G-205 | 27-05-2019 | Estufa de Pellets Local Social de Barbeito | 2245,76 | 4225,47 |