Novas
SOLICITE DE GRUPOS GAITAS, BAILE, ESPECTACULOS, CHARANGAS, TEATRO, MAXIA, ETC.
HOXE DÍA 27 DE FEBREIRO ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR OS ESPECTACULOS INCLUÍDOS DENTRO DO PROGRAMA DA REDE CULTURAL DA DEPUTACION DA CORUÑA.
Poden facer as solicitudes as Asociacións (1 solicitude grupos non profesionais), as Comisións de Festas (1 solicitude grupos non profesionais), e o Concello.
O PRAZO DE SOLICITUDE ESTÁ ABERTO ATA O DÍA 13 DE MARZO DE 2019.
Novas
ENTROIDO 2019
Sábado 2 de marzo de 2019
Ás 17:00 h no local social de Vilasantar
Concurso e desfile de disfraces. (Anotarse chamando ao Concello (Trini), ou tamén ese mesmo día antes de comezar o concurso e desfile). CONSULTAR AS BASES (facer click encima) QUE TAMÉN ESTÁN EXPOSTAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO
DISFRACE COLECTIVO
1º PREMIO: 200 €
2º PREMIO: 100 €
DISFRACE INDIVIDUAL
1º PREMIO: 70 €
2º PREMIO: 50 €
Festa amenizada por dous animadores con xogos, bailes, actividades de globoflexia e moita moita diversión…
Novas
CAMPAMENTO ENTROIDO 2019
LUNS 4 E MÉRCORES 6 DE MARZO
PARA TODOS OS NENOS DE 3 A 12 ANOS
NO LOCAL SOCIAL DE VILASANTAR
EN HORARIO DE 10:00 A 14:00
IMPRESCINDIBLE QUE O GRUPO SEXA DE 10 NEN@S COMO MÍNIMO
PARA PARTICIPAR TERÁN QUE ENTREGAR A FOLLA DE INSCRICIÓN NO CONCELLO OU NO COLEXIO ANTES DO 28 DE FEBREIRO
Novas
AXUDAS DE TIPO SOCIAL (AUXS) PARA EVITAR OS CORTES DE SUMINISTRO ELÉCTRICO AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL
Publicación: Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG nº 32 do 14/02/2019)
Beneficiarios: Ter a condición de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.
Obxecto: pago da factura eléctrica a estos colectivos para asegurar o acceso continuado ao suministro eléctrico.
Cuantía: Importe máximo por solicitante de 300€/ano ou de 450 €/ano non caso de familias numerosas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de novembro de 2019.
Concede: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Novas
AXUDAS PARA A REPOSICIÓN DOS ANIMAIS EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CAPRINO, COMO CONSECUENCIA DO SACRIFIO OBRIGATORIO DE GANDO EN EXECUCIÓN DE PROGRAMAS OFICIAIS DE ERRADICACIÓN DE ENFERMIDADES
Publicación: Orde do 21 de decembro de 2018 da Consellería de Medio Rural (DOG nº 16 de 23 de xaneiro de 2019)
Beneficiarios: os titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruise de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación. Así como daquelas explotacións onde morresen ou se practicase eutanasia de animais das ditas especies por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
Contía: ata 500 € por animal adquirido bovino ou 50 € por animal comprado ovino ou cabrún. As contías por compensacións complementarias determinaranse con base nos cálculos aplicados ás marxes brutas das principais actividades segundo o anexo I da Orde.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o día 29 de novembro de 2019.
Concede: Consellería de Medio Rural.
Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
“Xornadas de Termalismo”
en ATTICA 21 de Villalba
14 de marzo (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
21 de marzo (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 27 de febreiro
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
* As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
* As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
* As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.