Novas
CURSO AGRICULTURA ECOLÓXICA
Para persoas desempregadas
DATA: 15 abril – 15 xuño 2019 (Luns e martes de 16 a 20 horas)
ESCOLA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE VILASANTAR
Máis información no teléfono 693 747 500
ORGANIZA: ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAISO
COLABORA: XUNTA DE GALICIA
Novas
ANDAINA RUTA DOS MUIÑOS
O vindeiro sábado 6 de abril o concello organiza unha andaina pola Ruta dos muiños. Actividade totalmente gratuíta.
Lugar de inicio Muiño do Ferreiro.
Lugar de remate da actividade: O Batán ou A Ponte do Sapo.
Saída: as 10:00 da mañán.
Chegada: 11:40 aproximadamente.
Poderán asistir todos os veciños do pobo, maiores e nenos (menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto).
Recoméndase o uso de chaleco reflectante.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169) ou ao técnico deportivo (667 053 287).
Novas
RUTA DOS MUIÑOS
O vindeiro sábado 6 de abril o concello organiza unha andaina pola Ruta dos muiños. Actividade totalmente gratuíta.
Lugar de inicio Muiño do Ferreiro.
Lugar de remate da actividade: O Batán ou A Ponte do Sapo.
Saída: as 10:00 da mañán.
Chegada: 11:40 aproximadamente.
Poderán asistir todos os veciños do pobo, maiores e nenos (menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto).
Recoméndase o uso de chaleco reflectante.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169) ou ao técnico deportivo (667 053 287).
Novas
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS (silos e invernadoiros)
- Dende o día 1 ao 5 de abril anotaranse os avisos para a recollida dos plásticos agrícolas, chamando ao Concello para anotarse (981 778 169)
- A partir do 9 de abril empezarase coa recollida polas zonas anotadas.
- Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente da terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rechazada a recollida.
- Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Ante calquer dúdida poden chamar ao Concello (981 778 169)
Novas
ENQUISA PREVIA AO ACORDO DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE BARBEITO
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Barbeito que, na data e lugar abaixo indicados, terá lugar unha reunión informativa coa que se iniciará a fase de exposición e enquisa pública previa ao acordo de reestruturación parcelaria.
LUGAR: LOCAL SOCIAL NA ESCOLA DO PAZO
DATA: XOVES 14 de MARZO de 2019
HORA: 11:00H
Ese día iniciarase o período de 1 mes para entregar, ás persoas titulares, o correspondente documento resumo no que se relacionan os predios de substitución que se lle asignan. Os planos quedarán expostos durante este mesmo prazo e tamén se poderán consultar na páxina web da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://mediorural.xunta.gal/nc/es/areas/infraestructuras/concentraciones_parcelarias/publicacions/
As persoas afectadas poderán achegar, por escrito e debidamente rexistradas, as alegacións que estimen oportunas durante o referido prazo de 1 mes.
Novas
ENQUISA PREVIA AO ACORDO: PARCELARIA BARBEITO
Co obxecto de resolver dúbidas aos interesados no proceso de reestruturación parcelaria de Barbeito na fase da enquisa previa ao acordo, persoal do equipo técnico estará presente no LOCAL SOCIAL ESCOLA DO PAZO nas datas e horarios seguintes:
Do 15/03 ao 29/03 Luns, Martes, Xoves e Venres de 09:00 h a 14:00 h.
O mércores 20/03 de 09:30 h a 13:30 h e de 15:30 h a 17:30 h.
O mércores 27/03 de 09:30 h a 13:30 h e de 15:30 h a 17:30 h.
Enxeñeiro da Xunta de Galicia: Carlos Vivero Teijeiro
Teléfono: 981 184 541
Web publicacións: https://mediorural.xunta.gal/nc/es/areas/infraestructuras/concentraciones_parcelarias/publicacions/
Empresa colaboradora: Proyestegal
Teléfono: 982 254 361
Páxina web:http://www.proyestegal.com/
Novas
MULLER TRABALLADORA: MURAL ARTÍSTICO TEMÁTICO SOBRE A MULLER E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co fin de celebrar o mes da MULLER TRABALLADORA o CONCELLO DE VILASANTAR organiza:
MURAL ARTÍSTICO TEMÁTICO SOBRE A MULLER E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Monitores de grafite Mutante Creativo a partir de 12 anos.
Datas: 28 e 29 de marzo
Horario: 10 h a 13 h e de 16:30 a 19:30 h
Lugar: campo de fútbol de Vilasantar
Imprescindible anotarse no teléfono 981 778 257
Novas
AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS E MULLERES RURAIS, ASOCIACIÓNS DE CAZADORES, COLEXIOS PROFESIONAIS, ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS, CÁMARAS DE COMERCIO, ENTIDADES DE NATUREZA PROFESIONAL, COMERCIAL E EMPRESIARAL
No BOP nº 32 (14/02/2019) da Deputación da Coruña ábrese o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro para entidades sen ánimo de lucro para investimentos ou actividades de promoción económica para o ano 2019.
OBXECTO: Realización de investimentos ou actividades para impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostelería…
a) Colexios profesionais, camaras de comercio:
- Reforma e mellora de locais sociais.
- Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
- Creación de páxinas web, aplicación móbiles)
- Organización de congresos, exposicións, talleres, xornadas e seminarios relacionados coa promoción económica.
- Cursos de formación
b) Asociacións de veciños e de mulleres rurais:
- Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública.
- Reforma e mellora de locais sociais.
- Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
- Creación de páxinas web, aplicación móbiles, internet vía satélite no rural.
c) Asociacións de cazadores:
– Repoboacións cinexéticas, sinalización Tecord)
d) Entidades de natureza profesional, comercial e empresarial
– Investimentos na hostalería e no comercio, para adaptarse á normativa vixente na materia: adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamentos contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalación eléctricas, adquisición de equipamento tecnolóxico (TPV) para adaptación á regulación das obrigas de facturación.
-Apoio ás liñas de comercialización e promoción dos produtos de calidade típicos da zona, para dalos a coñecer e permitir a penetración no mercado nacional e internacional, a través de festas de recoñecido interese turístico, feiras e festas de exaltación do produto típico, xornadas, campañas comerciais, publicidade, cursos de formación.
PRAZO DE SOLICITUDE: ATA O 29 DE MARZO DE 2019
CANTIDADE SUBVENCIONABLE: ata o 80% do orzamento.
Novas
CHARLA INFORMATIVA: O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO
No LOCAL SOCIAL de VILASANTAR o MÉRCORES 13 de MARZO ás 11:00 h.
Falaremos de:
- Causas como o ICTUS, accidentes de tráfico, etc.
- Consello de PREVENCIÓN.
- O modelo de atención e REHABILITACIÓN.
Novas
CURSO PRIMEIROS AUXILIOS
DÍA: 12 de MARZO
HORARIO: 17:00h A 19:00h
LUGAR: LOCAL SOCIAL DE VILASANTAR
INSCRICIÓNS: 981 778 257
(PRAZAS LIMITADAS)