Novas
AXUDAS A ASOCIACIÓNS 2019
No Boletín Oficial da Provincia do día 17 de decembro de 2019 publícase o extracto da Convocatoria de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar para o ano 2019.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días dende a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Dende 18 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020.
Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do CIF.
- Fotocopia do DNI do representate legal
- Declaración responsable de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria detallada das actividades que se van realizar e orzamento previsto das mesmas.
- Declaración responsable na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria.
- Certificación responsable de non encontrarse incursa en causa de prohibición de contratar.
Novas
PATINAXE SOBRE XEO
O venres día 3 de Xaneiro imos patinar a pista de Xeo de Área Central.
Saída: 10:20h. diante do Concello e 10:30h. diante do Local Social Présaras
Custe: 8.50€ por participante
*Menores de 8 anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta