Novas
«ESTAMOS CONTIGO», publicado o 28-04-2020
Se vives unha situación de violencia de xénero, lembra:
Novas
AMPLIACIÓN PRAZO XESTIÓN BIOMASA, publicado 04-05-2020
Como moi ben sabemos en torno ao solo urbano, de núcleo rural e vivendas illadas nos primeiros 50 metros ten que estar controlada a vexetación (tala e roza) e non pode haber especies pirófitas, como eucaliptos, piñeiros, acacias, toxos ou xestas.
Por xestión de biomasa enténdese que o sustrato arbustivo ten que estar xestionado (rozado) e que a masa arbórea ten que estar aclarada e podada. Ademáis, nos 50 metros de franxa establecidos as copas das árbores deberán distar como mínimo 10 metros das edificacións e nunca se poderán proxectar sobre os tellados. A franxa dos 50 metros terá que respectarse en torno as edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineras, parques e instalacións industriais.
No DOGA número 82, do mércores 29 de abril, publicouse unha resolución na cal adicionase o prazo (ate agora era do 31 de maio), para as actividades de limpeza en atención as especiais circunstancias derivadas do estado de alarma, que se estenderá ata o 16 de xullo de 2020 inclusive.
Novas
Consulta ambiental parque eólico abrente, publicado o 22-04-20
Publicouse o venres 17 de abril na páxina da Consellería de Medio Ambiente o documento de inicio ambiental do parque eólico Abrente. Consúltase para que, se informe en relación co alcance e contidos específicos que debería incluir o estudo de impacto ambiental. Habería 30 días hábiles contados a partir do levantamento do estado de alarma ou dende o momento no que se poida establecer por parte das sucesivas prórrogas do estado de alarma. Poden consultalo premendo na seguinte ligazón: enlace
Novas
ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA AULA CeMIT DURANTE O CONFINAMENTO
Dende a Aula CeMIT queremos axudar a que este tempo de confinamento sexa máis levadeiro polo que, aparte das redes sociais, podedes pasar parte do voso tempo nos enlaces que vos propoñemos. Todos os enlaces son válidos tanto para rapaces e rapazas como para máis maiores. Porque as novas tecnoloxías permítennos e obrígannos a estar conectados e seguir navegando na rede.
Un pouco de mecanografía nunca está de máis, tanto para os que seguen a aprender como para os máis avanzados:
https://www.cursomeca.com/test.php
OCIO E ENTRETENEMENTO
https://www.gamesforthebrain.com/
https://areaciencias.com/Test-de-Inteligencia.htm
http://www.juegosdelogica.com/
https://www.epasatiempos.es/sopas-de-letras.php
Hai infinidade de páxinas interesantes, educativas e de aprendizaxe que iremos subindo estes días para que teñades un bo recopilatorio que vos poida servir de axuda.
Unha das páxinas máis visitadas na aula é https://www.youtube.com/ que a parte de formar parte das redes sociais, presenta vídeos de música, aprendizaxe, entretenemento…, seguro que xa tedes entre os vosos enlaces favoritos.
Novas
MÓVETE NA CASA publicado o 01-04-2020
Nestes días de confinamento tornase complicado facer deporte. O estado de alarma obríganos a permanecer nas nosas casas, isto imposibilita que poidamos facer deporte o aire libre, acudir a centros deportivos, as escolas deportivas municipais e incluso sair a camiñar como o viñamos facendo ata agora.
Evitar o sedentarismo é posible, dar pequenos paseos dentro da casa, realizar exercicios co propio peso do corpo e traballar a mobilidade articular axudaranos a combatir a inactividade.
Propoñemos unha serie de enlaces, nos que se pode cliquear, para ver diversas actividades físicas que favorecen manternos en forma:
- O Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña presenta una serie de exercicios sinxelos que vos animamos a que practiquedes diariamente:
- A Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía publica un interesante Programa para facer na casa durante a cuarentena:
- A Cruz Vermella ofrécenos unha serie de videos de ximnasia para maiores, que se centran nos movementos das principais articulacións, cuello, columna vertebral, brazos e pernas:
- Suxerimos tamén este canal de youtube dirixido por Patry Jordan para manterse en forma. Neste canal podemos atopar exercicios para fortalecer a musculatura do tren superior e inferior.
https://www.youtube.com/user/gymvirtual
Para os nosos menores aconsellamos facer deporte xogando en familia, botando man da creatividade, propoñer retos que impliquen movemento, bailar, facer circuitos de habilidade, laberintos, bolos en familia ou calquera actividade que se nos ocurra que implique movemento e nos manteña activos.
Familias, aquí vos acercamos algúns enlaces para ocupar o tempo de ocio facendo deporte.
- Neste primeiro vínculo atoparedes un montón de vídeos para bailar, facer yoga ou zumba:
- Nenas e nenos que vos guste o baile, en youtube tedes un montón de videos para facer deporte e divertirse en familia:
https://www.youtube.com/results?search_query=zumba+para+ni%C3%B1os&app=desktop
- LITTLE SPORTS un canal de youtube para aprender inglés e facer deporte o mesmo tempo:
https://www.youtube.com/channel/UCTIwFB4ciFi5ZCIu-VlwaOg/videos?app=desktop
- DAME10 unha proposta avalada polo Ministerio de Sanidade consta dunha serie de xogos que se poden realizar na casa:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/Estrategia/DAME10.htm
- Este último enlace presenta xogos sinxelos e divertidos para amenizar o confinamento daquelas familias que tedes nenos e nenas máis pequenos