Novas
A ESCOLA DE PATINAXE PARTICIPOU NA IV GALA DE PATINAXE DO CONCELLO DE TOQUES
O pasado sábado 14 a Escola de Patinaxe do Concello de Vilasantar participou na IV Gala de Patinaxe do Concello de Toques, na modalidade de bailes.
Podedes ver en Galerías Fotográficas algunhas fotos coas medallas de participación e o trofeo.
A próxima Xornada de Deporte Escolar será o 28 de Abril para participar na fase Intercomarcal de Bádminton no Polideportivo de Monfero.