Novas
CAMPAÑA VACINACIÓN GRIPE 2020; publicado o 02-10-20
A Consellería de Sanidade informa que o 13 de outubro dará comezo a campaña de vacinación da gripe deste ano 2020, e que se prolongará ata o 31 de decembro, co obxectivo de mellorar a saúde dos galegos, reducindo a incidencia da gripe e a súa diminución das súas complicacións secundarias. Esta campaña cobra especial relevancia este ano no contexto da pandemia pola COVID-19 que estamos a padecer. Informamos tamén que a Consellería de Sanidade ten un portal de información para a sociedade: https://gripe.sergas.gal/
Novas
SERVIZO DE TRANSPORTE VILASANTAR-CURTIS; publicado o 23-09-2020
O novo plan de transporte de Galicia establece unha nova liña XG846 Vilasantar-Curtis, a cal ainda non é definitiva e pode sufrir cambios. A día de hoxe está a funcionar do seguinte xeito:
Novas
CONVOCATORIA CURSO BÁSICO PROTECCIÓN CIVIL, publicado o 04-09-2020
No DOG nº 165 do día 17/08/2020, foron convocadas 8 edicións do CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL, que debido á situación que estamos vivindo e as limitacións impostas polas medidas de prevención do COVID-19 realizanse unicamente en MODALIDADE ON LINE.
RECORDAR QUE O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O DÍA 9 DE SETEMBRO
– O solicitante ten que cubrir o formulario de matrícula telemática disponible na paxina web da AGASP (http://agasp.xunta.gal).
Si non está dado de alta na páxina da Agasp, deberán facelo previamente na propia páxina para o que é necesario unha conta de correo electrónico, (dúbidas ou dificultades técnicas teléfonos Agasp 886206137-38-39).
– Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación polo que é importante facer a solicitude canto antes. Recomendasevos que solicitudes as 8 edicións, xa que si non sodes admitidos nunha podedes selo na seguinte)
-A persoa que desexe participar neste curso ten que estar inscrito como candidato/a a voluntario na correpondente AVPC .