Novas
SERVIZO DE TRANSPORTE VILASANTAR-CURTIS; publicado o 23-09-2020
O novo plan de transporte de Galicia establece unha nova liña XG846 Vilasantar-Curtis, a cal ainda non é definitiva e pode sufrir cambios. A día de hoxe está a funcionar do seguinte xeito:
Novas
CONVOCATORIA CURSO BÁSICO PROTECCIÓN CIVIL, publicado o 04-09-2020
No DOG nº 165 do día 17/08/2020, foron convocadas 8 edicións do CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL, que debido á situación que estamos vivindo e as limitacións impostas polas medidas de prevención do COVID-19 realizanse unicamente en MODALIDADE ON LINE.
RECORDAR QUE O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O DÍA 9 DE SETEMBRO
– O solicitante ten que cubrir o formulario de matrícula telemática disponible na paxina web da AGASP (http://agasp.xunta.gal).
Si non está dado de alta na páxina da Agasp, deberán facelo previamente na propia páxina para o que é necesario unha conta de correo electrónico, (dúbidas ou dificultades técnicas teléfonos Agasp 886206137-38-39).
– Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación polo que é importante facer a solicitude canto antes. Recomendasevos que solicitudes as 8 edicións, xa que si non sodes admitidos nunha podedes selo na seguinte)
-A persoa que desexe participar neste curso ten que estar inscrito como candidato/a a voluntario na correpondente AVPC .
Novas
RECOLLIDA DE ENSERES VOLUMINOSOS; publicado o 15-07-2020
O día 7 de agosto de 2020 está prevista a recollida dos residuos voluminosos. Todos aqueles veciños que precisen dito servizo deben chamar ao 981 77 81 69 antes do día 31 de xullo.
Lembramos, QUE ESTÁ PROHIBIDO TIRAR CALQUER TIPO DE RESIDUO AO AIRE LIBRE, AGÁS NESTE CASO, E SEMPRE E CANDO ESTÉN ANOTADOS E CONTEN COA AUTORIZACIÓN DO CONCELLO.
Novas
APERTURA PISCINA MUNICIPAL, publicado o 08-07-2020
A piscina municipal do Roseo abrirá este xoves, 9 de xullo, en horario de 15 a 20 horas de luns a domingo. Haberá que cumprir as medidas hixiénicas e sanitarias vixentes polo Covid-19