Novas
AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
O prazo para presentar as solicitudes é do 12 de setembro ao 13 de outubro de 2017.
En cumprimento do disposto no artigo 3 do Regulamento de concesión de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 91, do 23 de abril de 2009, as solicitudes formalizaranse no modelo de instancia facilitado polo concello e presentaranse no rexistro xeral xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia CIF (non será necesario en caso de telo presentado no ano anterior).
- Fotocopia do DNI do representante (non será necesario en caso de que coincida co do ano anterior).
- Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria de actividades e orzamento previsto.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria (non será necesaria no caso de que coincida co do ano anterior).