A BIBLIOTECA DO CONCELLO DE VILASANTAR está situada nas dependencias municipais e ofrece os servizos de consulta en sala e empréstamo a domicilio. Está rexistrada como axencia de lectura pola Consellaría de Educación e incluída na Rede de Bibliotecas de Galicia, o que permite a consulta informatizada dos fondos e acceder desde ela ao servizo de empréstamo interbibliotecario, o que garante a recepción de libros desde a práctica totalidade de bibliotecas de Galiza. Os seus fondos, conformados por preto de dez mil volumes, distribúense en andeis ocupados por publicacións xerais de consulta, literatura infantil e xuvenil, literatura galega, literatura en español e ensaio. Recentemente incorporou unha pequena sección de música e filmes. A biblioteca, ademais da consulta e empréstamo, organiza actividades culturais e de fomento da lectural. Mantén expositores no Local Social de Présaras e na piscina durante o verán.
Consultar o catálogo da Biblioteca de Vilasantar coa amplicación OPAC MEIGA
Últimas incorporacións á biblioteca
Contacto
Biblioteca de Vilasantar
Atención ao público: luns-venres de 9:00 a 14:30 e sábados de 10:00 a 13:00. Email: biblioteca@vilasantar.com
Tlf. 981 77 81 69