Axudas
Axudas da Xunta para dinamizar o asociacionismo (PR487A)
A Xunta publicou a convocatoria de axudas destinadas ás asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.
Obxecto: os gastos ocasionados como consecuencia investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade, e as obras nas traídas de auga comunitarias.
Beneficiarios: as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 29 de febreiro de 2024
Requisitos:
- As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial), dependentes da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociacións de veciños ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.
- As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do Rexistro de Augas do correspondente organismo de bacía como titulares do aproveitamento de augas para o cal solicitan subvención.
- Non se admitirán as solicitudes das entidades non inscritas na data en que remate o prazo de solicitudes.
Contía: a axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.
Considéranse subvencionables os seguintes proxectos:
Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
Máis información: Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 2024, nº20.
eventos, Novas
Campamento de Entroido en Vilasantar
Xa se pode preinscribir aos nenos e nenas de 3 a 12 anos para o campamento de Entroido. Preinscrición aberta ata o 8 de febreiro.
O campamento terá lugar os días 12 e 14 de febreiro, de 10.00 a 14.00 h, no CEIP de Présaras.
As prazas asignaranse por orde de inscrición, dando prioridade aos nenos e nenas empadroados. As follas de inscrición pódense entregar en dependencias municipais ou na sede electrónica do Concello de Vilasantar.
Máis información: 981 77 82 57
Axudas
Axuda para permiso de condución B, C e D á mocidade galega (BS321A)
Obrigatorio presentación na Sede electrónica da Xunta.
Persoas destinatarias:
- Ter 18 ou a idade mínima e non ter feitos os 31 anos.
- Ter empadroamento en Galicia durante mínimo 1 ano.
- Non estar traballando (nin conta propia nin allea).
- Ter aprobado o/s permiso/s entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Documentación a presentar:
Cumprimentar Anexo I: datos persoas, IBAN bancario, achegar permiso de conducir ou autorización temporal e certificado de empadroamento histórico que acredite antigüidade mínima dun ano.
Prazo de presentación: ata o 30 de setembro de 2024.
Importe:
- 400€ pemiso B
- 650€ permiso C
- 1.300€ permiso D
Máis info: Espazo Xove de Curtis; Estrada Estación s/n 15310 Curtis
881880650
espazoxovecurtis.xuventude@xunta.gal
Axudas
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril: adquisición e manutención de cans, pastores eléctricos e/ou de cerrumes con malla electrificada (MT809D).
Beneficiarios:
- Prevención de danos ocasionados polo lobo: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras tipo gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino e apícola incluídas no Rega.
- Prevención de danos ocasionados polo xabaril: persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria inscritas no Reaga ou explotación agrarias destinadas o autoconsumo.
Axudas para:
- Adquisición e manutención de cans protectores e defensores do gando: máximo de 3 cans, segundo o número de reses da explotación. Máximo por adquisición 300€ por can e máximo por manutención 200€ por can.
- Pastores eléctricos: máximo de 3 pastores eléctricos por explotación segundo o número de reses ou superficie PAC; para as explotacións de autoconsumo máximo 1 pastor. Máximo por explotación 600€, e cun máximo de 150€ por pastor eléctrico alimentado con batería ou conectado á rede eléctrica e máximo 300€ por pastor con batería alimentada con panel fotovoltaico.
- Cerrumes móbiles de malla electrificada: Contía máxima será de 100€ por malla de 50m ata un máximo de 8 mallas por explotación.
Prazo e lugar de presentación da solicitude da axuda:
A través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
Prazo: ata o 19 de febreiro de 2024.
Máis info:
Xunta de Galicia; Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda – Dirección Xeral de Patrimonio Natural: (DOG n.º 12 do 17 de xaneiro de 2024)
Teléfono: 881997212/ 981546084
caza.pesca@xunta.gal
http://www.cmati.xunta.es/
Axudas
Axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas no 2023 e 2024
Beneficiarios: Titulares de explotacións agrarias (Reaga) e de autoconsumo.
Danos comunicados entre o 11 de outubro de 2023 e 10 de outubro de 2024 (os danos comunicados a partir desta data entrarán nas axudas do ano 2025).
Importante comunicar o dano no prazo de 3 días dende que se produza. Chamar ao 012 para rexistrar a denuncia e o persoal da Consellería desprazarase ao lugar a comprobar os feitos.
Prazo e lugar de presentación da solicitude da axuda:
- Lugar: Presentación a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
- Prazos para os danos comunicados ao 012 entre o 11 de outubro de 2023 e o 18 de
xaneiro de 2024: do 18 de xaneiro ao 19 de febreiro de 2024.
- Para os danos comunicados ao 012 a partir do 18 de xaneiro de 2024: 1 mes a contar dende o día seguinte o da comunicación do dano no teléfono 012.
Importe axuda: segundo o seguinte baremo ata un máximo de 2.750€.
Tipo de cultivo | Importe €/m2 |
Millo en gran | 0.19 |
Millo forraxeiro | 0.29 |
Trigo | 0.14 |
Centeo | 0.14 |
Avea | 0.14 |
Pradaría | 0.14 |
Pataca | 0.51 |
Frutais (incluída vide) | 3.72 |
Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo) | 0.79 |
Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón verde, leituga, pemento e allo porro) | 2.10 |
Uva | 3.63 |
Máis info: Xunta de Galicia; Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Xefatura Territorial na A Coruña; Servizo de Patrimonio Natural da Coruña (DOG n.º 12 do 17 de xaneiro de 2024)
981184539
Novas, sostibilidade
Vilasantar súmase á campaña LIBERA1m2
Dende o Concello de Vilasantar volvémonos organizar para loitar contra a «basuraleza»!
A «basuraleza» é o termo para definir o lixo que atopamos na natureza, refugallos que restan beleza e contaminan a nosa contorna. Dende o Concello queremos dar exemplo e animar á veciñanza a xuntarnos unha mañá, devolver o resplendor a un anaco da nosa contorna natural e aprender sobre separación de residuos.
Anota!
- Sábado, 9 de marzo
- Ponte do Sapo
- 10:00 h
#LIBERA1m2 #basuraleza #ProyectoLIBERA
Cultura, eventos
Concurso de disfraces de Entroido en Vilasantar
Un ano máis, dende o Concello de Vilasantar organizamos un concurso de disfraces polo Entroido!
Anotade!
- Sábado, 10 de febreiro
- Pavillón de Présaras
- A partir das 17:00 h
Repartiremos premios en dúas categorías:
Comparsa ou grupo:
- 1º premio: 300€
- 2º premio: 200€
- 3º premio: 100€
Individual ou dúo:
- 1º premio: 150€
- 2º premio: 75€
- 3º premio: 50€
A inscrición previa é obrigatoria, no departamento de Cultura do Concello ou no mesmo lugar o día do concurso ata 15 minutos antes do comezo.
Para máis información: 981 77 81 69