Cursos
Cursos de estilos comunicativos e resolución de conflitos na familia
No Concello de Vilasantar acolllemos dous cursos dirixidos a familias con fillos e fillas en idade escolar dentro do marco do proxecto Ardora e impartidos por Arraianas.
Estilos comunicativos
Tratarán conceptos básicos, estilos comunicativos adaptados ao desenvolvemento educativo das crianzas e estratexias para unha comunicación saudable.
- Martes, 7 de novembro de 2023
- De 18:00 a 20:00 h
- Local social de Vilasantar
Resolución de conflitos
Tratarán conceptos básicos e estratexias para afrontar os cambios no ciclo vital familiar.
- Martes, 21 de novembro de 2023
- De 18:00 a 20:00 h
- Local social de Vilasantar
Anótate xa chamando ao 981 77 82 57
Cursos
Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas
Dentro do marco da reivindicación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no Concello de Vilasantar organizamos un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Estará monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
- Local social de Vilasantar
- 11 e 13 de decembro 2023
- de 16:00 a 20:00 h
Inscríbete xa chamando ao 981 778 257.
Cursos, Novas
Actividades municipais 2023/2024
Xa está aberto o periodo de inscrición ás actividades municipais de Vilasantar para o curso 2023/2024!
- Ximnasia de mantemento: 6€/mes.
- Taller de memoria: gratuíta.
- Escola de patinaxe: gratuíta.
- Escola de bádminton: gratuíta.
- Multideporte infantil: gratuíta.
- Escola de pilates: 10€/mes.
- Informática para adultos e nenos e nenas: gratuíta.
As actividades comezarán o luns 2 de outubro e pódeste anotar ata o 22 de setembro nas oficinas municipais da casa do concello. Máis información chamando ao 981 778 257.
Cursos, Novas
«Discovering English», aprendendo inglés dun xeito divertido
«Discovering English» é unha actividade para nenos e nenas de 3 a 12 anos. A través de xogos, cancións, actividades manuais e outras dinámicas, poderán explorar, experimentar e familiarizarse co inglés, mentres se divirten e desenvolven habilidades comunicativas básicas.
Terá lugar os martes e xoves a partir do 26 de xuño e durante xullo e agosto, de 16:30 a 17:30 h. Cando o tempo o permita, terá lugar nas instalacións da piscina municipal e, cando non, na casa do concello.
As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade aos nenos e nenas empadroados no Concello de Vilasantar. As faltas de asistencia non xustificadas poderán ser causa de baixa no servizo.
A preinscrición estará aberta ata o 22 de xuño. As follas de inscrición entregaranse nas dependencias municipais, pola sede electrónica do Concello de Vilasantar ou no colexio público de Présaras.
Máis información no 981 77 81 69.
Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Emprego.