Novas
Consulta ambiental parque eólico abrente, publicado o 22-04-20
Publicouse o venres 17 de abril na páxina da Consellería de Medio Ambiente o documento de inicio ambiental do parque eólico Abrente. Consúltase para que, se informe en relación co alcance e contidos específicos que debería incluir o estudo de impacto ambiental. Habería 30 días hábiles contados a partir do levantamento do estado de alarma ou dende o momento no que se poida establecer por parte das sucesivas prórrogas do estado de alarma. Poden consultalo premendo na seguinte ligazón: enlace