CULTURA
O Concello de Vilasantar conta cun servizo de cultura, que se encarga de programar e organizar todos os actos culturais do Concello, asistir e asesorar as distintas asociacións do concello e calquer actuación cultural que poida surxir tanto dos veciños, como doutras institucións e departamentos do concello. O servizo está baixo a atención da animadora cultural.
Convocatorias de premios da Deputación da Coruña do ano 2018:
– Premio Torrente Ballester de narrativa (con dúas modalidades, galego e castelán). Premiado con 25.000 euros, obras inéditas e non premiadas noutras edicións. O prazo de presentación remata o 10 de xuño de 2018.
– Premio Miguel González Garcés de Poesía. Premiado con 6.500 euros. As obras serán de tema libre e cunha extensión non menor de trescentos versos. O prazo de presentación remata o 30 de xuño de 2018.
– Premio Castelao de Banda deseñada. Dous premios de 6.500 euros cada un. O prazo de presentación remata o día 15 de xuño de 2018.
– Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica. Premiado con 6.500 euros. O prazo de presentación das obras é do 1 ao 30 de xuño de 2018.
– Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. Premiado con 6.500 euros. O prazo de presentación remata o día 1 de xuño de 2018.
– Certame Antonio Fraguas de Artesanía. As obras poderán ser adquiridas por un importe máximo de 10.000 euros. O prazo de presentación remata o día 30 de xuño de 2018.
– Certame Fran Pérez «narf» para grupos e artistas musicais. Establécense 4 premios, de 3000, 2000, 1500 e 1000 euros. O prazo de presentación remata o 15 de xullo de 2018.
– Concurso Quero Cantar de música infantil e xuvenil. Establécense premios de gravación de maquetas, cd…. o prazo de presentación remata o 19 de outubro de 2018.
– Premio Begoña Caamaño á mellor iniciativa cultural pola igualdade de xénero. Premiado con 6.500 euros. O prazo de presentación remata o día 30 de agosto de 2018.
– Bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos. Premiadas bolsas por cantidade de 9.000 euros cada unha. O prazo de presentación remata o día 31 de maio de 2018.
As bases de todas estas convocatorias poden consultarse na páxina web de www.dicoruna.es, no apartado de Cultura.
Dirección:
Casa consistorial
C/ Ru, s/n, Vilasantar
15807 Vilasantar, A Coruña
Contacto:
981 778 169
trinidad.veiras.freire@vilasantar.com
9.00 a 15.00 h, de luns a venres.
Centros culturais:
Local social do Campo da Feira (Mezonzo)
local social do Priorato (Mezonzo)
Local social do Pazo (Barbeito)
Local social de Vilasantar
Local social de Présaras. Sala de exposicións
Local da xuventude (Présaras)
Local social de Vilariño
Local social de San Vicente
Local social de Armental
Aulas de informática de Vilasantar e de Présaras