Novas
RESERVA BIOSFERA
O Concello aproba no pleno do 20 de abril o proceso de adhesión á reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo.
De momento é unha declaración cara a plena inclusión, como xa fixeran Laracha e Cerceda e máis recentemente Carballo e Mesía, ademáis dos membros fundadores: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Son 114.000 hectáreas e máis de 250.000 habitantes.
Presenta atractivos innegables. É unha figura que concede a Unesco ós territorios comprometidos en compaxinar a conservación ambiental e o desenrolo económico sostible. Os seus inmtegrantes tratan de poñer en valor os valores ambientais, culturais, etnográficos e históricos; xerando, incluso, oportunidades de emprego, educación ambiental, sinalización conxunta, tal vez producto turístico e marca de calidade… e un selo máis para darse a coñecer.
Haberá que agardar a que se aprobe esta ampliación (pasará filtros en Madrid e París). É importante destacar o caracter conservacionista e de usos ambientais. É unha oportunidade para o noso concello que lle dará un plus de calidade.