INTRODUCCIÓN
A historia do Concello de Vilasantar atópase vencellada ó Condado de Présaras, hai que ter en conta cos límites xeográficos non son os mesmo cos actuais. Os condados teñen as súas orixes nas pressurae ou pressura romanas, eran terras desertas que se ofrecían a colonos para poboalas e traballalas. A historia do condado remóntase ó século X da man dos condes Hermenexildo Aloítiz, tamén coñecido coma Menendo, e Dona Arxilo Gundesindiz, unha das familias máis importantes da época.
No ano 920 Hermenexildo foi nomeado conde polo rei Ramiro II de León. Para a aristocracia altomedieval o patrimonio era un factor esencial para postularse coma a clase dominante. Deste xeito, obtiñan as terras por medio das herdanzas, unións matrimoniais e doazóns. Para os aristócratas unha das formas de perpetualo seu legado mailo bo nome da familia era mediante a relixión, neste caso por medio da fundación de cenobios. Os condes don Menendo e dona Paterna fixeron unha importante doazón o día 9 de outubro do ano 952 para a fundación do mosteiro de San Salvador, actual mosteiro de Santa María de Sobrado, xa que era terras que pertencían ó condado. Co pasamento de dona Paterna o conde retírase a pasalos seus últimos anos de vida ó mosteiro coma un monxe máis, e dona tódolos seus bens.
HERMENEXILDO ALOÍTIZ (898-966)
Fillo de don Aloito Gutiérrez e dona Arxilo Aloítiz. É unha familia con vínculos coa Coroa máis na Igrexa. Participan nas disputas nobiliarias da época. No ano 920 Menendo foi nomeado Conde de Présaras polo rei Ramiro II de León (898-851) de quen foi mordomo entre os anos 937-949. No ano 952, xunto coa súa muller, Paterna Gundesindiz, fundou o cenobio de San Salvador, actual mosteiro de Santa María de Sobrado. O mosteiro herdárono os seus descendentes membros da Casa de Traba, que pasados dous séculos, en xaneiro de 1142, Fernando de Traba mailo seu irmán, Vermudo Pérez de Traba, entregaron o mosteiro ó císter. No ano 958 o matrimonio traspasou o Condado de Présaras ó mosteiro que fundaron. Trala morte da súa esposa Paterna, cara o ano 955, retirouse e viviu como monxe ata a súa morte no ano 966.
SISNANDO MENÉNDEZ (descoñecida- 968)
Máis coñecido como Sisnando II de Iria, nobre e bispo da Idade Media. Fillo de Hermenexildo e Paterna, Condes de Présaras.
Fíxose cargo da defensa da costa galega contra os ataques viquingos e sarracenos. Cara o ano 960 levantou un castelo sobre o castro de Cedofeita (Pontevedra), restaurou as torres de A Lanzada (Sanxenxo) e San Sadurniño de Cambados, que xunto co miradoiro de Lobeira, O Facho (Cangas) e o campanario de San Cibrán de Calogo de Vilanova de Arousa, compoñían un sistema de vixilancia e defensa costeira contra os ataques, tanto por mar como por terra.
Conseguiu do rei Sancho I de León (935-966) permiso para amurallala cidade de Compostela, dotouna de torreóns e foxos reforzando a catedral, rebelouse contra o rei e encarcerouno. No seu lugar nomearon a San Rosendo como bispo de Iria Flavia, pero á morte do rei Sancho, Sisnando que acababa de saír do cárcere entrou en Compostela cun grupo de xente armada o día de Nadal e sacando a espada ameazou con decapitar ó bispo, permaneceu intrépido pola fortaleza do amor a Deus, segundo contan os escritos, e maldiciu ó bispo Sisnando: «Ti que me ameazas con mortífera espada, Sisnando, con mortífera espada e de forma violenta morrerás.» O enfrontamento entre os dous personaxes quedou recollido no Cronicón Iriense e na Historia Compostelá.
No ano 968 entraron en Galicia, «dende o porto que se chama Xuncaria», os viquingos de Gunrod e avanzan polo territorio sen moita oposición. Á súa chegada en Compostela acampan coa idea de agardar ó mellor momento para saquear. O bispo Sisnando ocupárase da fortificación e organizara un exército. Morreu no campo de batalla ferido por unha frecha da maldición de Rosendo na Batalla de Fornelos o 29 de marzo do ano 968. A súa morte desmoralizou ás tropas e tivo o efecto contrario nos seus adversarios, que comezaron a saquear e incendiar todo o que atopaban ó seu paso ata O Cebreiro.