Novas
PROGRAMA COMPANIO PARA MAIORES-2022; publicado o 23/05/22
Consiste na posta en marcha dun espazo na que os maiores poidan acudir para compartir momentos, experiencias e actividades xuntos, sendo eles mesmos protagonistas activos do programa.
Intercambiarán lembranzas e coñecementos sobre diversas temáticas, tales como a agricultura, as festas, os ditos populares ou os refráns.
O lugar de celebración é na escola ecolóxica e conta con servizo de recollida nos fogares.
Será un día á semana en horario de 10:30 a 13:00 horas.
Novas
VILASANTAR COS REFUXIADOS DE UCRANIA; publicado o 11/03/22
O concello de Vilasantar máis a Asociación “A Raiña” poñen a disposición prazas da escola ecolóxica de Vilasantar para a posible acollida de refuxiados procedentes de Ucrania
. A maiores o Concello crea unha listaxe para comprobar cal é a oferta habitacional existente no noso Concello. O obxetivo é coñecer cantas persoas poderían poñer a disposición vivendas ou habitacións para acoller refuxiados
.Os intesados deberanse anotar no Concelllo de Vilasantar, ben presencialmente ou a través do teléfono 981 77 81 69.
Novas
O CATASTRO PON EN MARCHA UN SERVIZO POR VIDEOCONFERENCIA; publicado o 04/02/22
Novo servizo de atención por videoconferencia «Catastro Directo (CADI)».Permite amosar ao cidadán a descrición gráfica das suas parcelas sen ter que se desprazar as xerencias do catastro. Inicio o 14 de marzo e suxeito a cita previa nos teléfonos 91 387 45 50 / 902 37 36 35.
Novas
REUNIÓN INFORMATIVA PARQUE EÓLICO BRANCELLAO; publicado o 02/03/22
A reunión celebrarase na escola do Pazo en Barbeito o día 9 de marzo ás 12 horas.
O parque afectaría as parroquias de Barbeito, Mezonzo e Vilasantar.