Novas
RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL; publicado o 01/02/2022
HOXE, 1 DE FEBREIRO DO 2022, A CONSELLERÍA DE EMPREGO RESOLVEU INSCRIBIR NO REXISTRO DE CONVENIOS E ACORDOS COLECTIVOS DE TRABALLO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA O CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILASANTAR E DE DISPOR A SÚA PUBLICACIÓN NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA. UNHA VEZ PUBLICADO ENTRARÁ EN VIGOR.
Novas
TALLER DE INGLÉS PARA NENOS, ADOLESCENTES E ADULTOS; publicado o 28/01/22
Coeducando en inglés é un taller para nenos, adolescentes e adultos impartido por unha profesora nativa de Australia que utiliza un método de inmersión total, con clases adaptadas ás idades, con grupos de máximo dez persoas e onde a aprendizaxe realízase a través das artes conseguindo un ambiente positivo, divertido e seguro.
As clases terán unha duración de 75 minutos e realizaranse na cámara agraria de Présaras os sábados en horario de mañá. O prezo mensual da actividade terá un custo de 10 euros ao mes por persoa.
As inscricións entregaranse na casa do concello.
Novas
CHEGADA DOS REIS MAGOS O DÍA 5 DE XANEIRO; publicado o 3/01/12
- CHEGADA ÁS 16:30 HORAS Á PRAZA DO CONCELLO
- ÁS 17 HORAS ENTREGA DE AGASALLOS AOS MÁIS PEQUECHOS
- QUEDA APRAZADA A ACTUACIÓN DE PAKOLAS MÁIS O CHOCOLATE CON CHURROS PARA CANDO A SITUACIÓN COVID O PERMITA
Novas
LISTA DEFINITIVA DE ADMITID@S NO PROCESO SELECTIVO DE PRAZA SUSTITUCIÓN TRABALLADORA SOCIAL E LISTA DE RESERVA; publicado o 22-12-21
Convocatoria entrevista o luns 27/12/21
Novas
NADAL EN VILASANTAR; publicado o 20/12/21
. Campamento de nadal no cole de Présaras. De 10 a 14 horas
. Espectáculo familiar: “A LINGUAXE ESQUECIDA”. Día 29 ás 17 horas no local social de Vilasantar.
. Dani Polo co espectáculo: “GALEGO: MAXIA”. Día 30 ás 16:30 no local social de Vilasantar.
. SEMPRE CUMPRINDO AS MEDIDAS SANITARIAS VIXENTES
Novas
BASES PARA A SELECCIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL PARA A SUSTITUCIÓN TRANSITORIA DO TITULAR DA PRAZA E BOLSA DE RESERVA; publicado o 15/12/21
. SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN
. PRAZO PRESENTACIÓN DENDE 16 DECEMBRO ATA 20 DECEMBRO
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/12/15/2021_0000008590.pdf
Novas
25 N DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XENERO; publicado o 25/11/21
Con motivo do Día internacional para a eliminación da Violencia de Xénero, o Concello de Vilasantar manifesta o seu máis profundo rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra as mulleres. A violencia contra as mulleres é a expresión máis dramática da desigualdade de xénero no mundo.
O Concello de Vilasantar esta totalmente comprometido con esta causa, e consciente da importancia de sensibilizar e concienciar dende idades temperás, e vai a desenvolver un proxecto educativo cos nenos e nenas do CEIP de Présaras, co obxectivo de ir construíndo unha sociedade mais xusta e igualitaria, e poder erradicar a violencia de xénero.
Nesta semana, baixo o lema “ Deixa que se escoite a túa voz” vaise desenvolver un curso sobre a linguaxe sexista. Nos vindeiros meses, seguiremos traballando desenvolvendo un proxecto educativo chamado “Fino orballo que vai calando na túa conciencia”. Este proxecto vai ter dúas liñas de actuación que converxen e dan soporte unha á outra.
Por unha banda talleres e obradoiros en torno á igualdade de xénero, tales como: Coñecendo os conceptos clave, Roles e estereotipos de xénero, A invisibilicación da muller ó longo da historia, A Publicidade sexista, Que é iso do amor romántico?, Faite ver! E As nosas mulleres. E por outra banda a introdución do “maisntreaming de xénero” en tódalas rutinas de vida diaria do centro.
De igual xeito este proxecto abordará tamén a formación continuada cos mestres e mestras e tamén faranse intervencións e formacións cas nais e pais do menores.
Entendemos que o futuro da sociedade está nas mans dos máis novos/as e por iso consideramos de vital importancia traballar nesta temática dende idades temperás para que neste proceso de socialización e educación no que os nenos e nenas xeren a súa propia identidade, interioricen e normalicen a igualdade de xénero.