SERVIZOS SOCIAIS
O Concello de Vilasantar conta cun equipo de profesionais que levan a cabo o servizo de información, orientación e asesoramento, así como programas específicos aos que pode acudir quen precise axuda para acceder a algún recurso social ou se atope nunha situación de necesidade.
O equipo de profesionais deste servizo son:
- Traballadora social, Mª Montserrat Varela Vázquez
- Educadora familiar, Ana Belén Vázquez Garea
- Auxiliar administrativa, Mercedes Costoya Cortés
- Auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar.
Horario de atención ao público dos servizos sociais de Vilasantar
O horario de atención ao público é luns e mércores de 9 a 15:00h.
Os martes e xoves, visitas a domicilio e tramitacións; e os venres, xestións e tramitacións diversas.
As emerxencias atenderanse de luns a venres en horario de 9:00 h a 15:00 h.
Teléfono: 981778257. serviciossociais@vilasantar.com
Servizos Sociais. Ru, S/N, 15807. Vilasantar. A Coruña.
Programas levados a cabo por este departamento:
- Orientación, información e asesoramento.
- Axuda no Fogar: libre concorrencia e dependencia.
- Emerxencia Social.
- Inserción Social.
- Programa de Educación Familiar: maiores, envellecemento activo, familias, etc.
- Animación, Prevención e Cooperación Social.
- Xantar na casa.
- Vivenda.
- Teleasistencia.
Áreas de traballo:
Familia – Menores- Muller – Persoas Maiores – Inserción Social – Persoas con Discapacidade – Depencia – Emigrantes – Inmigrantes –Drogodependencias – Dinamización para as persoas maiores e envellecemento activo – Vivenda – Colaboración con asociacións.
Teléfonos de apoio:
- Teléfono de información e asesoramento en materia de violencia de xénero: 016
- Teléfono da Muller: 900 400 273
- Teléfono do Menor: 900 444 222
- Teléfono de atención ás víctimas de violencia de xénero: 900 22 22 92
Outros servizos colaboradores:
Dende o ano 2013 o Concello de Vilasantar colabora, xunto cos Concellos de Sobrado dos Monxes e Curtis, na prestación dos servizos que presta o CIM (Centro de Información da Muller), subvencionado pola Xunta de Galicia. Os servizos que se prestan son os seguintes (con cita previa):
- No Concello de Vilasantar.
Orientadora laboral, todos os mércores de 12:00 h a 15:00 h.
Avogada, dous mércores ao mes de 9:00 h a 11:00 h. - No concello de Curtis:
Psicóloga de luns a vernes.