actividades municipais
Actividades municipais do Concello de Vilasantar para o curso 2024-2025
Xa está aberto o prazo de inscrición para as actividades municipais do Concello de Vilasantar do curso 2024-2025. Ximnasia de mantemento, patinaxe, bádminton, pilates, informática, taller de memoria, multideporte…
Tes toda a información dos horarios e detalles, ademais da folla de inscrición para as actividades da infancia e xuventude, no díptico que podes descargar no botón situado enriba deste texto.
Lembra que está aberto o prazo de inscrición ata o 25 de setembro, nas dependencias municipais ou na Sede Electrónica do Concello de Vilasantar.
Cursos, Novas
Actividades municipais 2023/2024
Xa está aberto o periodo de inscrición ás actividades municipais de Vilasantar para o curso 2023/2024!
- Ximnasia de mantemento: 6€/mes.
- Taller de memoria: gratuíta.
- Escola de patinaxe: gratuíta.
- Escola de bádminton: gratuíta.
- Multideporte infantil: gratuíta.
- Escola de pilates: 10€/mes.
- Informática para adultos e nenos e nenas: gratuíta.
As actividades comezarán o luns 2 de outubro e pódeste anotar ata o 22 de setembro nas oficinas municipais da casa do concello. Máis información chamando ao 981 778 257.