Axudas
Subvencións para obras e equipamentos dos locais das asociacións veciñais, comunidades de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia
Xunta de Galicia (PR487A)
Fin prazo presentación solicitudes: 17 de febreiro de 2025
Destinatarios: Asociacións veciñais, comunidades de usuarios de augas, asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Obras (máximo axuda 12.000 €):
- Obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais: mellora da accesibilidade, melloras no tellado, obras nas fachadas, instalación ou cambio de ventás, paramentos interiores, pavimentos
ou teitos, instalacións de fontanaría, saneamento, electricidade ou calefacción… - Obras de mellora nas traídas de auga comunitarias: para minimizar as perdas de auga, a mellora da xestión e o control da auga, a optimización da eficiencia e o aforro enerxético…
Equipamentos (máximo axuda 5.000 €)
- Equipamentos básico dos locais, mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático, acústico ou audiovisual, outro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
Non subvencionan entre outros: gastos correntes das entidades, material funxible, luz, auga, teléfono, alugamentos de locais e similares, a adquisición de elementos decorativos nin a compra de móbiles.
Máis info:
DOG nº 9 do 15/01/2025
Dirección Xeral de Administración Local
981546579
administracionlocal@xunta.gal
Axudas
Axudas a asociacións durante o 2023 (PR487A)
Axudas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de veciñanza, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
OBXECTO:
Os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade, e as obras nas traídas de auga comunitarias.
BENEFICIARIOS:
As asociacións de veciñanza, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciñanza de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 17 de febreiro de 2023
REQUISITOS:
- As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial), dependentes da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciñanza, federación, confederación ou unión de asociacións de veciñanza ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.
- As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do Rexistro de Augas do correspondente organismo de bacía como titulares do aproveitamento de augas para o cal solicitan subvención.
- Non se admitirán as solicitudes das entidades non inscritas na data en que remate o prazo de solicitudes.
CONTÍA:
A axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras (liña 1, obras) e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2, equipamentos).
Considéranse subvencionables os seguintes proxectos:
a. Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
b. Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
Publicación: Diario Oficial de Galicia do día 17-01-2023, nº 11