actividades municipais, Novas
Xornadas de termalismo no Attica 21 de Vilalba
O Concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das «Xornadas de termalismo», no Attica 21 de Vilalba. Trátase dunha actividade para mellorar a saúde e a calidade de vida da veciñanza maior de 60 anos ou con minusvalía empadroada no noso municipio.
As prazas están limitadas a 30 por día e adxudicaranse por orde de anotación, non sendo posible escoller a data. Pódeste inscribir a partir do 11 de novembro chamando ao 981 77 82 57.
- 22 de novembro 2024: Présaras, Vilariño, Armental e San Vicente
- 29 de novembro 2024: Vilasantar, Armental, Mezonzo e Barbeito
As persoas participantes deben levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.