actividades municipais
Anótate para participar no día da bici 2025
Xa te podes inscribir para participar no día da bici! Será o 19 de xullo. O prazo de inscrición remata o 30 de xuño e podes anotarte en dependencias municipais.
Reunirémonos ás 10:30 h na praza da casa consistorial para organizarnos e saír ás 11:00 h. Realizaremos un percorrido duns oito quilómetros. É obrigatorio o uso de casco.
A maiores, despois de pedalear pola nosa fermosa contorna, sortearemos material deportivo entre as persoas participantes!