actividades municipais, igualdade, Novas
Curso de defensa persoal para mulleres
No marco do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, organizamos un curso de defensa persoal para mulleres.
Terá lugar o sábado 29 de novembre, no local social de Vilasantar, entre as 16 h e as 19 h. Trátase dunha actividade para mulleres maiores de 16 anos e menores con autorización.
Para inscribirse e participar, é preciso chamar ao 981 77 82 57.
actividades municipais
Curso de defensa persoal para mulleres ante situacións violentas
O Método+Más é unha metodoloxía de defensa persoal feminina para aprender a empregar o corpo e a mente contra as ameazas do día a día. Non so busca ensinar ás mulleres a defenderse, senón tamén axudar a recoñecer os sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco.
- Sábados 15 e 22 de febreiro.
- De 10:00 a 14:00 h.
- Local social de Présaras.
Para mulleres a partir de 16 anos. As menores deben contar coa autorización do pai/nai/titor/titora. Actividade gratuíta.
Anótate chamando ao 981 77 82 57 ata o 13 de febreiro️



