Cultura
24 de febreiro, Dɪ́ᴀ ᴅᴇ Rᴏsᴀʟɪ́ᴀ ᴅᴇ Cᴀsᴛʀᴏ en Vilasantar
O Pleno do Concello de Vilasantar declarou o 24 de febreiro como o Dɪ́ᴀ ᴅᴇ Rᴏsᴀʟɪ́ᴀ ᴅᴇ Cᴀsᴛʀᴏ para conmemorar a vida e obra da ilustre poetisa galega.
Tal día como hoxe fai 186 anos foi bautismada en Santiago de Compostela a que sería coñecida como a máis ilustre escritora en lingua galega e unha das principais responsables do Rexurdimento; Rosalía de Castro.
Filla de fidalga e sacerdote, mostrou gran inquedanza e mestría coas letras dende pequena. Aos 20 anos de idade publicou ‘A Flor’, o seu primeiro libro de poemas. Un ano despois casou co cronista galego Manuel Murguía, admirador da súa obra, co que tivo sete fillos, aínda que a derradeira naceu morta.
No século XIX a lingua galega quedara reducida a un dialecto desprestixiado, nada que ver coa época resplandecente da lírica galaicoportuguesa. A literatura galega desaparecera durante os tempos dos Reis Católicos, pero Rosalía reviviu a nosa lingua como idioma literario.
En 1963 Rosalía describiu fermosamente a nosa terra na nosa fala en ‘Cantares galegos’, facendo unha denuncia social polas condicións que vivía a poboación do rural. Coas súa verbas puxo en valor a fermosura dos nosos montes, a melodía dos nosos regatos, a saudade da emigración, a arte dos gaiteiros, a enxebreza dos nosos costumes populares… Rosalía transmitía a esencia galega.
Por desgraza a súa saúde era fráxil e agravouse cun cancro de útero que acabou coa súa vida en 1885, falecendo Rosalía de Castro en Padrón aos 48 anos de idade. Pero a súa pegada na literatura e sociedade galegas perdurará para sempre.