actividades municipais, Novas
Excursión para maiores de 65 anos
Se tes máis de 65 anos, tes unha cita o 26 de xuño! Pódeste anotar ata o 21 de xuño chamando á casa do concello, no 981 77 81 69.
Iremos a un dos maiores e máis famosos mercados de Portugal, en Valença do Minho. Despois xantaremos un delicioso menú no restaurante Glasgow, en Oia. Finalmente, iremos a Baiona, onde quen queira poderá visitar a Virxe da Rocha e a réplica da carabela Pinta.
Para facilitar a viaxe, o bus irá recollendo á xente polas parroquias.
O prezo da excursión é de 30 euros por persoa.
eventos, Novas
Xa te podes anotar para a Festa dos Maiores!
O sábado 8 de xullo celebraremos a Festa dos Maiores, unha xornada para conmemorar aos nosos e nosas maiores e celebrar, divertirnos, xantar e bailar! Comezará cunha misa na igrexa de Présaras ás 13.00 h, para seguir cun xantar de confraternidade no xardín botánico de Présaras a partir das 14.00 h.
Convidamos a vir a todas as persoas maiores de 60 anos, as homenaxeadas nesta festa. Confirma a túa asistencia chamando ao 981 77 81 69 antes do 3 de xullo! O xantar é de balde para as persoas empadroadas no concello; as non empadroadas con casa en Vilasantar terán que pagar 20€ e, as que non teñan casa, 30€.