Novas
Declaración institucional da FEMP polo Día Internacional do Medio Ambiente
«As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeneraciónRestauración»
Os solos estanse degradando, as sequías aumentan e as terras que algunha vez foron fertis estanse convertendo en desertos. Pero hai esperanza. O 5 de xuño, Arabia Saudita acollerá o Día Mundial do Medio Ambiente 2024, unha celebración mundial do planeta que este ano céntrase na desertificación, a degradación da terra e a resiliencia ás secas.
A nivel global, máis de 2 mil millóns de hectáreas de terra están degradadas, o que afecta á metade da poboación mundial e ameaza innumerables especies.
Todos os que estamos vivos agora somos parte dunha xeración que é a primeira en presenciar os efectos devastadores da degradación ambienta.
A seca, a degradación da terra e a desertificación teñen o potencial de destruír a vida no planeta Terra. Agora que comeza a campaña polo Día Mundial do Medio Ambiente, é unha boa oportunidade para involucrarse.
A mensaxe é clara. É necesaria a restauración dos ecosistemas a gran escala para abordar o cambio climático, salvar especies da extinción e asegurar o noso futuro.
Este ano, o Día Mundial do Medio Ambiente dirixirá a ollada do mundo cara tres desafíos perigosos, aínda que a menudo pasados por alto: a degradación da terra, a desertificación e a seca. A nosa prioridade agora debe ser restaurar os ecosistemas: coidar dos nosos bosques, replantar novas superficies, rehumedecer as nosas marismas e revitalizar os nosos solos.
Unha das formas máis efectivas de restaurar terras degradadas, deter a desertificación e aumentar a resiliencia á seca é mediante a restauración dos ecosistemas. E o bo da restauración é que pode ocorrer a calquera escala. Isto significa que todos teñen un papel que desenvovler.
O tema elixido para o Día da Desertificación e a Seca deste ano: Unidos pola Terra, o noso legado, o noso futuro. Busca mobilizar á sociedade en apoio da administración sostible da terra. O 17 de xuño celébrase tamén o 30º aniversario da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación, o único tratado internacional xuridicamente vencellante sobre xestión da terra e seca.
O cambio climático está agravando a desertificación: neste momento, uns 2 mil millóns de persoas viven en terras secas vulnerables á desertificación, o que podería desprazar a uns 50 millóns de persoas para 2030.
Arredor dunnha cuarta parte da poboación mundial vese afectada pola seca. O estado dos nosos solos en Europa tamén se deteriora rapidamente. Protexer o solo e a terra é un desafío global. Necesitamos actuar xuntos hoxe para que as xeracións do futuro poidan ter acceso a recursos naturais vitais. Só poderemos alimentar á humanidade e facer fronte á crise climática e de biodiversisdade se temos chans sans.
A Resolución do Parlamento Europeo, do 19 de maio de 2021, sobre os efectos do cambio climático nos dereitos humanos e o papel dos defensores do medio ambiente, lembra a obriga dos Estados de protexerlos do acoso, aintimidación e a violencia, así como de garantir as súas liberdades fundamentais, e o seu deber de recoñecer os dereitos dos pobos indíxenas e das comunidades locais, así como de celebrar a aportación da súa experiencia e os seus coñecementos na loita contra a perda da biodiversidade e a degradación medioambiental, pedindo unha maior cooperación con estas colectividades e animando á Comisión a seguir impulsando o diálogo e a colaboración entre os pobos indíxenas e a Unión Europea.
Países de todo o mundo estanse a mobilizar para conmemorar o Día do Medio Ambiente e o Día da Desertificación e a Seca cunha variedade de actividades educativas, culturais e deportivas, dende proxeccións de películas ata torneos de fútbol e dende plantacións de árbores ata concursos de xardinería.
Neste contexto, o día 5 de xuño, data de conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Federación Española de Municipios e Provincias en representación do mundo local no seu conxunto, quere sumarse á iniciativa promovendo entre o ámbito local actuacións sobre a sostenibilidade, o coidado do medio ambiente e a conciencia climática.
Por todo isto, a Xunta de Goberno da FEMP extende unha invitación a todas as entidades locais a unirse a esta Declaración Institucional da FEMP, para respaldar todas as iniciativas encamiñadas ao fomento dos principios do Pacto Verde Europeo: economía circular, enerxía limpa, eficiencia enerxética, mobilidade sostible, incremento da biodiversidade, eliminación da contaminación e loita contra o cambio climático no noso planeta cos seguintes obxectivos:
- Reiterar a tolerancia cero ante calquera acción violenta contra a degradación do medio ambiente e a degradación do noso planeta.
- Replantar os nosos bosques e aprques naturais, rehumedecer as nosas marismas e revitalizar os nosos solos.
- Frear a perda de biodiversidade e protexer os ecosistemas e, en especial, facer fronte á seca, a desertificación e a degradación da terra que ameazan ás rexións do noso país, Europa e o planeta Terra.
- Promover a conciencia pública sobre as cuestións relacionadas coa desertificación, a degradación da terra e a seca.
- En liña coa ONU, dende o ámbito local, facémonos eco da voz da mocidade, que é o futuro do noso planeta, para facer fronte ao cambio climático.
- Dar visibilidade á Plataforma de Comunidades Locais e Pobos Indíxenas de Nacións Unidas e comprometernos co papel crucial que teñen estas colectividades para a consecución dos obxectivos do Acordo de París.
- Valorar os nosos espazos verdes non só dende o punto de vista paisaxístico, botánico e de ocio, senón tamén por outros moitos servizos ecosistémicos que nos presta, en termos de saúde física e mental, protección da biodiversidade, incremento da equidade social, desenvolvemento da economía verde.
- Potenciar o cambio na xestión tradicional dos parques e xardíns municipais cara a xestión da infraestrutura verde municipal, co fin de lograr que os nosos pobos e cidades sexan máis sostibles, saudables e resilientes.
- Impulsar en liña coa Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade da FEMP o modelo de municipio verde e biodiverso 3/30/300, cos principais obxectivos de recuperar e preservar a biodiversidade urbana, crear cidades e pobos máis saudables e habitables.
- Fomentar as accións no ámbito da reducción de emisións de CO2, a mellora de eficiencia enerxética, o fomento da mobilidade sostible e a prevención na xeración de residuos que contribúan á adaptación e loita contra o cambio climático, en colaboración e coordinación coas actuacións da Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP.
Axudas, Novas
Información sobre convocatorias da Deputación da Coruña
Programa de axudas a asociacións, federacións e agrupacións de cazadores da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2024 (FO028A/BIS).
Bases publicadas no BOP do 24-10-2023
Pódense beneficiar as asociacións, federacións e agrupacións de asociacións de cazadores da provincia da Coruña.
Gastos subvencionables: compra de bens destinados á actividade (material non inventariable (semillas, pesticidas legalmente autorizados), traballos realizados por outras empresas (que sexan indispensables para a realización da actividade) directamente relacionados con desbroces, sementeiras, rozas e podas; seguros TECOR.
Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 €; máximo 10.000 €.
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.000 €; máximo 8.000 €.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente, no ano 2024 (DP0036).
Bases publicadas no BOP do 24-10-2023
Poderanse beneficiar as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de entidades de carácter medioambiental, cunha antigüidade mínima de 2 anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, de carácter medioambiental da provincia da Coruña (…) que teñan como fin primordial o estudo, a conservación, a promoción e/ou a defensa dos recursos naturais e do medio ambiente e que o seu ámbito de actuación estea comprendido na provincia da Coruña.
Gastos subvencionables: gastos estrictamente necesarios para o desenvolvemento do investimento subvencionado: aplicacións informáticas, terreos e bens naturais, construcións, maquinaria, ferramentas, utillaxe, mobiliario, equipos para procesos de información (ordenadores e demáis conxuntos electrónicos), elementos de transporte ( vehículos, remolques, embarcacións; adquisición, adpatación, rotulación), outro inmovilizado material, servizos profesionais independentes (honorarios topógrafos, notarías, rexistro propiedade…).
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.000 €; máximo 25.000 €.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente, no ano 2024 (DP0031).
Bases publicadas no BOP do 24-10-2023
Pódense beneficiar as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de entidades de carácter medioambiental, cunha antigüidade mínima de 2 anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, de carácter medioambiental da provincia da Coruña (…) que teñan como fin primordial o estudo, a conservación, a promoción e/ou a defensa dos recursos naturais e do medio ambiente e que o seu ámbito de actuación estea comprendido na provincia da Coruña.
Gastos subvencionables: gastos estrictamente necesarios para o desenvolvemento da actividade subvencionada: bens destinados a actividade, materias primas, alugueres e cánones, seguros, reparación e conservación, subvministracións, publicidade, soldos e salarios….
As solicitudes irán encamiñadas polas liñas: voluntariado ambiental; difusión e sensibilización ambiental; conservación e protección do medio ambiente; outros (actuacións relacionadas co cambio climático, sustentabilidade enerxética, desenvolvemento de políticas e estratexias ambientais, posta en valor de recursos naturais, ou aquelas que promovan a participación social no compromiso co medio ambiente).
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.000 €; máximo 20.000 €.
Importe solicitado: ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante no ano 2024 (FO203/2024).
Bases publicadas no BOP do 26-10-2023
Poderanse beneficiar as entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia.
Modalidades de solicitude:
MODALIDADE A: entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos): subvenciónanse proxectos e actividades culturais vinculados á creación, investigación, formación e difusión cultural e á dinamización sociocultural do territorio.
MODALIDADE B: entidades de natureza veciñal (asociacións de veciños e veciñas, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais….) Subvenciónanse proxectos e actividades de natureza sociocultural, dirixidos á dinamización comunitaria e á vertebración e cohesión social.
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS, asociacións pedagóxicas, etc) Apoiaranse unicamente proxectos dirixidos á mellora do rendemento e das competencias educativas en colaboración coa contorna socioeducativa dos centros.
MODALIDADE D: entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu laboral de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Gastos subvencionables: entre outros, contratacións externas, difusión da actividade, edicións e publicacións de libros, gastos de desprazamentos, etc.
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.500 €; máximo en función da modalidade: A) 30.000 €; B)10.000 €; C)10.000 €; D) 10.000 €.
Importe solicitado: ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: mínimo 3.000 €.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de investimentos culturais durante no ano 2024. (FO204/2024)
Bases publicadas no BOP do 26-10-2023
Pódense beneficiar as entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia.
Modalidades de solicitude:
MODALIDADE A: entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural
debidamente acreditado nos seus estatutos).
MODALIDADE B: entidades de natureza veciñal (asociacións de veciños e veciñas, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais….).
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS, asociacións pedagóxicas, etc.).
MODALIDADE D: entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu laboral de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Gastos subvencionables: entre outros, equipamentos e moblaxe; realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles de titularidade da entidade solicitante; compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade.
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.500 €; máximo en función da modalidade: A) 30.000 €; B)10.000 €; C)10.000 €; D) 10.000 €.
Importe solicitado: ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: mínimo 3.000 €.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Bases reguladoras do programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2024 (FO103A/2024).
Bases publicadas no BOP do 26-10-2023
Pódense beneficiar as entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña, incluídas as federacións deportivas, que realicen actividades de fomento da actividade física e do deporte dentro da provincia. Deberán ter entre os seus obxectivos o fomento de actividades físicas e deportivas, a ocupación activa do tempo de lecer, o fomento do deporte ou actividades de formación en materia deportiva. As federacións deportivas poderán participar nesta convocatoria aínda que non teñan o domicilio fiscal na provincia da Coruña, sempre que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia.
Gastos subvencionables: entre outros, equipamentos e moblaxe; realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles de titularidade da entidade solicitante; compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade.
Liñas:
1) A realización de actividades conducentes a mellora da condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, o deporte de carácter afeccionado ou popular e a participación en competicións deportivas que non sexan federadas.
2) A promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión, e divulgación do deporte e dos valores deportivos; poderán consistir en charlas, talleres, cursos…
3) A organización de competicións deportivas federadas ou non federadas.
Importe da subvención que se vai conceder: de 1.000 € a 30.000 €.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 € e máximo 37.500 €.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Programa de axudas a clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2024 (FO103B/2024).
Bases publicadas no BOP do 26-10-2023
Pódense beneficiar os clubs deportivos , sen fins de lucro, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia da Coruña, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2024.
Gastos subvencionables: entre outros, compra de bens destinados á actividade (só a roupa da equipación oficial de competicións e adestramentos); traballos realizados por outras empresas como lavandería e seguridade; arrendamento de material deportivo, de vehículos e instalacións deportivas; transportes, etc.
Importe da subvención que se vai conceder: de 1.000 € a 36.000 €.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 € e máximo 45.000 €.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2024 (FO104/2024).
Bases publicadas no BOP do 26-10-2023
Poderanse beneficiar as entidades de carácter deportivo sen fins de lucro, inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia na Coruña.
Gastos subvencionables: as axudas destinaranse á realización de investimentos deportivos, gastos por adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións propias da entidade, obra nova, bens inventariables e equipamentos. No caso de adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións e obra nova as instalacións deberán ser propias, NON alugadas nin cedidas.
Importe da subvención que se vai conceder: de 1.000 € a 40.000 €.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 € e máximo 50.000 €.
Incompatibilidades: estas axudas son incompatibles coa presentación de solicitudes aos programas FO103A/2024; FO103B/2024; FO103C/2024 e FO103D/2024.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.
Programa de subvencións dirixido ás entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores, da provincia da Coruña para a realización de investimentos durante o ano 2024 (FO028B).
Bases publicadas no BOP do 26-10-2023
Poderanse beneficiar as entidades asociativas, federacións e agrupacións de entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais, comunidades de montes, e ás asociacións, federacións e agrupacións de cazadores, en proxectos que sexan investimentos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto a valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais; os proxectos relacionados
coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención de incendios; sinalización Tecor Societario;
fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético; entre outras.
Importe da subvención que se vai conceder: de 1.000 € a 24.000 €.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 € e máximo 30.000 €.
Prazo de solicitude: do 15-11-2023 ás 08:00 h ata o 15-12-2023 ás 14:00 h.