Axudas
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril: adquisición e manutención de cans, pastores eléctricos e/ou de cerrumes con malla electrificada (MT809D).
Beneficiarios:
- Prevención de danos ocasionados polo lobo: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras tipo gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino e apícola incluídas no Rega.
- Prevención de danos ocasionados polo xabaril: persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria inscritas no Reaga ou explotación agrarias destinadas o autoconsumo.
Axudas para:
- Adquisición e manutención de cans protectores e defensores do gando: máximo de 3 cans, segundo o número de reses da explotación. Máximo por adquisición 300€ por can e máximo por manutención 200€ por can.
- Pastores eléctricos: máximo de 3 pastores eléctricos por explotación segundo o número de reses ou superficie PAC; para as explotacións de autoconsumo máximo 1 pastor. Máximo por explotación 600€, e cun máximo de 150€ por pastor eléctrico alimentado con batería ou conectado á rede eléctrica e máximo 300€ por pastor con batería alimentada con panel fotovoltaico.
- Cerrumes móbiles de malla electrificada: Contía máxima será de 100€ por malla de 50m ata un máximo de 8 mallas por explotación.
Prazo e lugar de presentación da solicitude da axuda:
A través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
Prazo: ata o 19 de febreiro de 2024.
Máis info:
Xunta de Galicia; Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda – Dirección Xeral de Patrimonio Natural: (DOG n.º 12 do 17 de xaneiro de 2024)
Teléfono: 881997212/ 981546084
caza.pesca@xunta.gal
http://www.cmati.xunta.es/