Axudas, Novas
Axudas DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2023
Axudas para investimentos en inmobles de asociacións
PR487A – Subvencións destinadas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia con inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso e traídas de augas veciñais.
Fin solicitudes: 17/02/2023
Subvención o 100% da contía e posibilidade de pagamento anticipado.
Requisitos: estar inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia e as comunidades de augas inscritas no libro do Rexistro de Aguas.
*Obrigatorio presentar a solicitude por medios electrónicos.
*Pódense solicitar as 2 liñas.
Liña 1: Máximo 12.000 €
- Obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais ( mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, mellora e reparación da estrutura e da cuberta do edificio, obras sobre fachadas, instalación ou cambio de ventás, paramentos interiores, pavimentos ou teitos e obras en instalacións de fontanería, saneamento, electricidade ou calefacción)
- Obras de reforma e reparación das infraestruturas e instalacións de traídas de auga.
Liña 2: máximo 5.000 €
Equipamentos básicos dos locais, mobiliario, equipamento oficina, informatizo, acústico ou audiovisual e outro para actividades específicas.
Non subvencionables: gastos correntes, alugamentos de locais, elementos ornamentais e
teléfonos móbiles.
Máis info:
http://cpapx.xunta.gal
administracionlocal@xunta.gal
981546211 / 881997258
Axudas corrección impactos paisaxísticos para particulares
MT402A – Programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas titulares dun inmoble ou ben.
Fin solicitudes: 17/02/2023
Importe: máximo 70% do orzamento e máximo 3.000 €
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos da fachada:
- Revestimento do ladrillo, bloques de formigón, morteiro de cemento.
- Acabar os paramentos cegos de fachadas, carpintarías e cerrallarías exteriores con deficiente estado de conservación (elementos descascados, humidades ou manchas permanentes).
- Aplicación ou renovación dos morteiros de rexuntado das fachadas de cachotaría ou cantaría (excluídas substitución de carpintarías, cerrallarías exteriores e picado de recebos).
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabamentos exterior de cubertas:
- Cubertas en deficiente estado de conservación e substitución de cubertas de placas de fibrocementos e outros materiais discordantes. Inclúe: unidades de obra imprescindibles para o soporte non estrutural (excluídas: vigas, soportes, pontóns), remate ou renovación das cubertas.
Acabamentos das cubertas con tella cerámica.
c) Recuperación, restauración e/ou renovación de muros de peche de terreos.
- Revestimentos do ladrillo e/ou bloques de formigón sen revestir.
- Redución da altura dos muros.
- Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais.
Gastos subvencionables:
Material de obra, man de obra, gastos honorarios facultativos e tributos aboados.
Están excluídas as actuacións que se resolvan con labores de limpeza.
Máis info: Instituto de Estudos do Territorio
secretaria.iet@xunta.gal
981541755
Axudas para renovación de electrodomésticos
IN414C – Subvencións renovación de electrodomésticos para persoas físicas.
IN414C- Selección entidades colaboradoras para a xestión de renovación de electrodomésticos: presentación adhesión 18/01/2023 a 30/06/2023.
Prazo solicitudes: 8 de febreiro de 2023 a 30 de setembro de 2023.
Renovación de electrodoméstico con entrega do retirado a un xestor autorizado.
A cantidade subvencionable non poderá ser superior o:
– 25% para o consumidor xeral.
– 50% para o consumidor vulnerable.
– 75% para o consumidor vulnerable severo.
*Son considerados consumidores vulnerables os beneficiarios do bono social eléctrico.
Máis info:
www.inega.gal
inega.info@xunta.gal
981541500