Axudas
Axudas para novas persoas agricultoras, investimento en explotacións agrarias e creación de pequenas explotacións
Prazo solicitude: fin 27 de febreiro de 2023
Axudas á incorporación de mozos á actividade agraria (MR404A)
Persoas beneficiarias: Maior de 18 e menor de 40 anos e se instale nunha explotación agraria por primeira vez como xefa de dita explotación.
Modalidades:
a) Modalidade 1: acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación.
b) Modalidade 2: acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria.
c) Modalidade 3: integración como persoa socia nunha entidade asociativa, preexistente ou de nova constitución.
d) Modalidade 4: acceso mediante titularidade compartida da explotación.
e) Modalidade 5: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supere o 20% da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
f) Modalidade 6: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.
Contía: A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa contía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social da persoa moza durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria, establecida en 25.000 euros, e poderá incrementarse segundo as situacións recollidas, sen que a axuda total supere os 70.000 €.
Axudas para investimentos nas explotacións agrarias (MR405A)
Persoas beneficiarias:
Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias. Persoas agricultoras mozas que se instalen nunha explotación de nova creación.
Custos subvencionables:
a) Reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.
b)Custos xerais vinculados aos gastos recollidos anterioremente: honorarios de elaboración dos proxectos, os estudos de viabilidade, as licenzas de software e outros permisos.
c) Compra de construcións agrarias en desuso.
d) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros)
e) Compra de terreos que non formasen parte da explotación, por un valor inferior ao 10% do custo subvencionable.
f) Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.
Contía: O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos diferentes criterios.
Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias (MR405B)
Persoas beneficiarias: Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias:
a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe. No caso de titularidade de persoas xurídicas, estas deberán ter o domicilio fiscal na comarca ou nunha comarca limítrofe.
c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de, polo menos, a metade dunha unidade de traballo agrario.
d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.
e) Non pode ter sido concesionaria por esta mesma axuda.
Contía: A axuda consistirá nunha prima de 15.000€, e concederase pola execución do plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.
Máis info: DOG nº 18 26 de xaneiro de 2023 e Xunta de Galicia – Consellería do Medio Rural Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña. Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña.
R/ Vicente Ferrer, 2 – 15008 A Coruña
Teléfonos: 981184554 / 981182256