Novas, sostibilidade
Restrición do uso da auga municipal para consumo humano
A consecuencia da situación climatolóxica, os depósitos municipais de auga non recuperan o nivel ao ritmo desexado e as fontes e ríos van a menos. Por este motivo, vémonos na obriga de restrinxir o uso da auga municipal só para consumo humano, prohibíndose regas, baldeos, limpezas, enchido de piscinas e demais usos prescindibles.
Lembramos á veciñanza que teña recibos pendentes de aboar a obriga de regularizar a situación para seguir contando co servizo. Así mesmo, infórmase que están totalmente prohibidos os enganches e usos sen a alta e previa autorización do concello.



