Axudas, sostibilidade
Axudas para equipos de enerxías renovables e eficiencia enerxética no sector primario
IN421L Axudas para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.
O prazo para presentar solicitudes remata o 30 de maio de 2024
Beneficiarios:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases.
Obxecto:
- Enerxías renovables: instalacións de xeración eléctrica mediante tecnoloxía fotovoltaica ou minieólica asociadas a algún centro de traballo do sector agrícola primario na modalidade de subministración de autoconsumo.
- Aforro e eficiencia enerxética:
a) Acaden un aforro enerxético en relación coa situación inicial igual ou superior a 0,1 kWh de enerxía final por cada euro de investimento elixible.
b) Implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociados.
Contía da axuda:
- Nova instalación: 30% do custo elixible, máximo de 100.000€/proxecto e 300.000€/ empresa.
- Instalacións de autoconsumo colectivo: máximo 500.000€/ proxecto e 500.000€/ empresa.
- A axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.
Más info: DOG nº 85 30 de abril de 2024
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) 981541539
Email:inega.info@xunta.gal