actividades municipais
Viaxe a Xuvenlugo co Concello de Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar organizamos unha viaxe a Xuvenlugo para pasar unha tarde de diversión para os cativos e cativas. Será o venres 2 de xaneiro e o autobús sairá ás 15:30 h do polideportivo de Présaras e parará ás 15:40 na casa do concello.
Cada participante deberá aboar a tarifa reducida da entrada, que ascende a 7 €. A rapazada menor de 16 anos deberá ir acompañada por unha persoa adulta. Requirirase un grupo mínimo de 15 persoas para realizar a saída.
Inscríbete chamando ao 981 77 81 69 ata o 19 de decembro.
actividades municipais
Viaxe a Xuvenlugo
Xa está abert a inscrición para a viaxe a Xuvenlugo, onde a rapazada poderá gozar coa ludoteca, talleres de globoflexia, pintacaras, xogos xigantes, hinchables, minigolf, pista de slot, touro mecánico, atraccións, rocódromo… E moito máis! Ademais temos a enorme sorte de ir a Xuvenlugo o mesmo día que Papa Noel!
Será o 23 de decembro de 2024 e sairemos ás 15:30 h dende Vilasantar.
Para que se realice a saída, debe haber un grupo mínimo de15 persoas anotadas. Cada participante deberá abonar o custo da entrada, que será de 7 euros. Menores de 16 anos deben ir cunha persoa adulta.
Máis información e inscricións ata o 20 de decembro no 981 778 169.



