Fonte da Santa
Esta fonte de granito, localízase na aldea de Laxe, á beira do río Cabalar. Trátase dunha especie de capela ou altar, cunha virxe tallada na pedra dentro dunha fornela.No chan abrolla un pequeno manancial de augas sulfurosas, cun aspecto leitoso, debido aos precipitados de xofre que contén. Estas augas xa aparecen citadas por Madoz no 1845, sendo o antigo propietario das terras onde manan quen pretendeu deenvolver un balneario na década dos 50, polo valor das augas para as doenzas de pel e ollos e para o tratamento de trastornos respiratorios.