A Oficina de Urbanismo é o departamento municipal responsábel do exercicio técnico das competencias e funcións que corresponden ás entidades locais en materia de urbanismo e ordenamento do territorio. A finalidade das súas actuacións é conseguir que o desenvolvemento urbanístico de Vilasantar acade un nivel óptimo de calidade. As boas prácticas neste eido incrementan a calidade de vida dos habitantes, ao favorecer o uso racional e sostíbel do espazo, protexer o medio natural e buscar o equilibrio territorial.
FUNCIÓNS:
-Desenvolvemento do planeamento urbanístico.
-Información e asesoramento a institucións, persoas e empresas.
-Tramitación de licenzas urbanísticas.
-Control de actuacións urbanísticas.
-Xestión do solo patrimonio municipal.
-Redacción e execución de proxectos de obras ou dotación de servizos.
PLAN XERAL DE ORDENAMENTO MUNICIPAL (PXOM):
- Consultar o PXOM actualizado na páxina da Xunta e COAGA (inclúe mapas e información suplementaria)
- Consultar o PXOM publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) en 1998
- Modificacións do PXOM no Boletín Oficial da Provincia (BOP) en 2002
LICENZAS URBANÍSTICAS:
OUTROS RECURSOS:
Contacto
Oficina de Urbanismo
Atención ao público os mércores de 9:00 a 14:30 Email: urbanismo@vilasantar.com
Tlf. 981 77 81 69