Vilasantar, un lugar eminentemente rural, con abundante biodiversidade, fermosas paisaxes, así como un tecido social cohesionado, fai que haxa os ingredientes necesarios para apostar para o desenvolvemento sostible do seu territorio.
A importancia do sector primario no concello de Vilasantar, así como facer unha xestión sostible do seu territorio, este concello é pioneiro en dar acollida a iniciativas relacionadas co eido rural e sobre todo co seu tecido socioeconómico. Un exemplo disto é a Asociación Raíña Paraíso.
Raíña Paraíso é unha asociación sen ánimo de lucro que loita pola procura de xeración de alternativas laborais no eido do rural a través da agricultura ecolóxica.
Asociación Raíña nace no ano 2015 en Mesía. A xestación foi moitos anos antes, nun lugar chamado Raíña.
Na actualidade atópanse e son parte da Escola Ecolóxica de Vilasantar, nun edificio municiapal. De aí o seu nome que recorda ás súas orixes.
Ao principio o obxectivo era social, xerar oportunidades laborais para as persoas do entorno rural. Co paso do tempo foron descubrindo que o seu “sono2 era moito máis amplo. Un reto máis apaixonante e esixente: “Que cada persoa aporte o mellor de si mesma”, con ese lema continuaron a súa andaina ata os días de hoxe.
Catro anos máis tarde, dende esta asociación fomentan a alimentación saudable, especialmente na infancia e na xuventude. Os seus productos destínanse fundamentalmente a comedores escolares.
Na actualidade, dende a Escola Ecolóxica de Vilasantar co fin de dar a coñecer e compartir a súa filosofía e valores, realizan numerosas actividades: campamentos, campos de traballo e excursións con cada unha das persoas que entran pola porta. E sobre todo permiten aos visitantes como as persoas da contorna experimentar, vivir, gozar da aldea, das súas costumes e xentes.