A OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL do Concello de Vilasantar é un servizo público destinado a fomentar a participación social da mocidade, de información e asesoramento, ofrecer recursos que incidan na mellora do seu benestar, apoiar as propostas e iniciativas dos mozos e mozas do concello, traballar coas asociacións xuvenís, etc. Está baixo a atención da informadora xuvenil.
Na Oficina de Información Xuvenil podes:
-Recibir información sobre as actividades que realiza a Oficina de Información Xuvenil (charlas, actividades, excursións, actividades de lecer) e outros servizos do Concello
-Solicitar materiais sobre temas de interese para a mocidade (axudas para o acceso á vivenda, campamentos de verán, programas de intercambio, formas de ocio, cultura e deporte, sexualidade, emprego, educación vial, etc)
-Solicitar información sobre educación e outros recursos formativos (oferta educativa, acceso, bolsas, cursos, etc).
-Asesorarte sobre os trámites para a creación de asociacións xuvenís e das subvencións que se ofrecen para o seu funcionamento desde diferentes organismos.
Ofrece todos os servizos relacionados co tema de voluntariado xuvenil, voluntariado europeo, intercambios xuvenís, Erasmus, etc.
Dirección:
Casa consistorial
C/ Ru, s/n, Vilasantar
15807 Vilasantar, A Coruña
Contacto:
981 778 169
xuventude@vilasantar.com
9.00 a 15.00 h, de luns a venres.